Diferenzas entre revisións de «Lingua»

sen resumo de edición
m (→‎Outros artigos: Arranxos varios)
{{Outroshomónimos|Lingua (homónimos)}}
Unha '''lingua''' é un sistema de [[signo]]s [[lingüística|lingüísticos]] incluíndo tamén sons, acenos e [[Sistema de escrita|símbolos escritos]] que permite a [[Comunicación (linguaxe)|comunicación]] entre os individuos dunha comunidade lingüística. Unha definición lingüística da lingua precisa que é un sistema de signos [[Dupla articulación da linguaxe|dobremente articulados]], é dicir, que a construción do sentido faise a dous niveis de articulación. Atópase primeiramente o das entidades significantes, [[morfema]]s, [[lexema]]s, [[monema]]s, formando os [[enunciado]]s, e logo o das unidades distintivas de sentido (os [[fonema]]s), formando as unidades significantes. Estes dous niveis de articulación determinan os primeiros niveis da descrición lingüística: [[fonoloxía]], [[Morfoloxía (lingüística)|morfoloxía]] e [[sintaxe]]. André Martinet precisa que a orde de descrición é de xeito necesario inversa á orde de percepción ou uso da lingua: a descrición comeza polo segundo nivel de articulación (fonemas) para ir cara oao primeiro (a combinatoria das unidades significantes).
 
Distínguese en xeral a lingua (sistema de signos) e a [[linguaxe]] (facultade humana posta en acción por medio de tal sistema). Distínguese de igual xeito, tras [[Ferdinand de Saussure]], a lingua e a palabra (é dicir, o uso efectivo do sistema da lingua polos locutores).
7.964

edicións