Piano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 43:
En [[1808]], [[Sébastien Érard]] patentó un mecanismo de repetición sinxela e incorporou a grampa, unha peza que permitia ás cordas permanecer no seu lugar exacto despois de ser golpeadas polos mazos. Dous anos máis tarde, en [[1810]], deseñou o mecanismo de pedais do piano moderno. Na década de 1820, a fábrica de pianos de Érard en [[París]] pasou a ser o centro da innovación no referente ao mecanismo do piano. En [[1822]] introducíu o seu mecanismo de dobre repetición, que permitía unha gran velocidade de repetición ao pulsar as teclas do piano, incluso se a tecla aínda non alcanzara a súa máxima posición vertical, e facilitaba unha rápida execución. Cando esta invención se fixo pública, na súa forma revisada por [[Henri Herz]], o mecanismo de dobre repetición converteuse paulatinamente nun elemento estándar no mecanismo dos pianos de cola e forma parte de todos os pianos de cola modernos.
 
Unha das principais innovacións técnicas que axudaron a crear o son do piano moderno é a utilización do [[ferro fundido]]. Tamén o chamado "marco", o ferro fundido que se asenta sobre a caixa de resoancia, que serve como principal baluarte contra a forza exercida pola tensión das cordas. O aumento da integridade estructuralestrutural do ferro fundido permitíu o uso de cordas máis grosas, máis tensas e máis numerosas, en lugar das cordas de [[latón]] empregadas ata entón, que eran máis brandas e non soportaban tensións tan altas. Posteriormente usáronse cordas de [[aceiro]], máis fortes que as de ferro e que permitían unha tensión aínda maior. Nun piano de cola moderno o total da tensión das cordas pode aproximarse ás 20 toneladas-forza. A peza sinxela de ferro fundido foi patentada en [[1825]] en [[Boston]] por [[Alpheus Babcock]], combinando o enganche do marco (creado en [[1821]] e reclamado por Broadwood en nome de [[Samuel Hervé]]) e a barra de resistencia (creada por Thom e Allen en [[1820]], pero tamén reclamada por Broadwood e Érard). Máis tarde a empresa Chickering & Mackays patentou o primeiro marco de ferro dos pianos de cola en [[1843]]. Os fabricantes europeos de pianos preferiron os marcos de ferro fundido ata principios do [[século XX]], data no que o sistema estadounidense foi completamente adoptado.
 
Incluíronase outras innovacións no mecanismo do piano, como o uso de fieltro nos mazos en lugar de recubrilos con coiro. Estes mazos de fieltro foron empregados por vez primeira por [[Jean-Henri Pape]] en [[1826]]. Ao ser un material máis consistente, permitía maiores rexistros dinámicos. Outras importantes innovacións técnicas desta época inclúen cambios na forma de fabricación das cordas, como o uso dun "coro" de tres cordas en lugar de dúas, agás para as das notas inferiores; e o uso de diferentes métodos de tensado. Co método de tensado ''over string'', tamén chamado ''cross-stringing'', a cordas colócanse de maneira superposta inclinadas verticalmente, con pontes de dúas alturas na caixa de resoancia en lugar de só unha altura. Isto permite cordas maiores, pero non necesariamente máis longas, para encaixar dentro do piano. O tensado ''over string'' foi inventado por [[Jean-Henri Pape]] durante a década de 1820 e foi patentado para o seu uso nos pianos de cola en [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] por [[Henry Steinway Jr.]] en [[1859]].