Historia da Unión Soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
En [[1928]], ante o evidente estancamento da [[Nova Política Económica|NEP]], Stalin estableceu o [[Gosplan]] (Comisión de Planificación Xeral do Estado), un órgano estatal responsable de dirixi-la economía socialista cara á industrialización acelerada. En abril de [[1929]], o Gosplan lanzou dous proxectos conxuntos que comezaron o proceso de industrialización do Estado. Baseándose en planos previos de Trotski, o Gosplan fixo o primeiro Plan Quinquenal ou ''Piatiletka'' ([[1928]]-[[1932|32]]), o cal introduciu unha rigorosa planificación que deu preferencia á industria pesada sobor dos bens de consumo. O Estado nacionalizou a meirande parte das empresas, poñendo en marcha un extenso programa para lograr unha rápida industrialización, mentres que na [[agricultura]] se fixo obrigatoria a colectivización das terras.
 
O país pasou de ser unha sociedade agraria a unha industrializada nun tempo relativamente curto, mais iso mesmo foi o que a conlevou acomportou penurias económicas. A colectivización foi altamente rexeitada polos [[kulaks]] mentres o Estado se apropiaba das colleitas, particularmente en [[Ucraína]] onde aconteceu o xenocidio denominado [[Holodomor]], co obxectivo de evitar que os campesiños as retivesen ilegalmente. Este conflito ecónomico derivou nunha represión estatal sistemática na cal se estima que morreron varios millóns de kulaks, tanto en enfrontamentos armados como en [[campo de concentración|campos de concentración]]. Pese á forte oposición, para [[1936]] cerca do 90% da agricultura estaba colectivizada, o que levou a unha caída catastrófica na produtividade gandeira, que non recuperou o nivel da [[Nova Política Económica|NEP]] ata [[1940]].
 
Pra consegui-las metas propostas, someteuse ós obreros a xornadas de 16 a 18 horas diarias (baixo ameaza de procesamento por traizón) en condicións pésimas. Crese que preto de 127 mil persoas morreron entre [[1928]] e [[1932]]. A produción de [[ferro]] colado, preciso para o desenvolvemento da infraestrutura industrial, ascendeu de 3,3 a 10 millóns de toneladas anuais. O carbón subiu exitosamente de 35,4 a 75 millóns de toneladas, e a produción do ferro aumentou de 5,7 a 19 millóns de toneladas. Baseado amplamente nestas cifras, O Plan Quinquenal cumprírase nun 93,7%, namentres que as partes dedicadas á industria pesada foron cumpridas nun 108%. Stalin declarou que o plan fora un éxito para o Comité Central (decembro de 1932).