Generalitat Valenciana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
== Historia ==
=== A ''Deputació del General'' ou ''Generalitat'' (1418-1707) ===
O antecedente da ''Diputació del General'' ou ''Generalitat'' foron as comisións nomeadas polas [[Cortes do Reino de Valencia]] ou ''Corts'' de 1329 e 1342-43 para recadar o ''donatiu'' ('doazón': imposto extraordinario) aprobado nas mesmas e que se disolveron unha vez cumprida esta misión. Nas Cortes de 1362-1362, aprobouse o imposto das ''Generalitats'' cuxa denominación responde a «''así por cobrarse xeral e indistintamente de todos como por impoñerse por todo o reino''» e do que procede que a "Diputació del General" tamén sexa conocida como ''Generalitat''. "As generalitats son [[impostos indirectos]] que graban a importación, exportación e a compra e consumo de diversos produtos. [...] Recaen estes impostos sobre peles, las, aceites, améndoas, cera, arroz, liño, tinguiduras, especies, viño, tecidos, sal, madeira, etc. A súa recadación farase, para evitar o aparato que iso conlevaríacomportaría, mediante [[arrendamento]] do dereito de cobro en poxa pública. Os mecanismos que rixen os impostos non permiten facer fronte ás cantidades que se precisan con certa urxencia. A ''Generalitat'' emprega entón a venda de censais ou [[débeda pública]]. Non é, polo tanto, un ingreso, senón un sistema de financiamento que ten como garantía os impostos".
 
Para a administración do novo imposto, que a substituíu o tradicional ''donatiu'', as Cortes nomean unha comisión das mesmas. Por iso, algúns historiadores sitúan nesa data, 1362-1364, o nacemento da ''Diputació del General'' aínda que a súa estrutura administrativa non quedará fixada até 1404, aínda cun carácter temporal, e só a partir de 1418 se converte nunha institución permanente —que será obxecto de diversas reformas en 1419, 1439, 1510,...—.