Síndrome alcólica fetal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
 
==Causas e factores de risco==
O consumo de alcol durante o embarazo, á parte dos problemas que supón para a embarazada, pode supor a maiores un risco para o feto, xa que atravesa a barreira [[placenta]]ria (que representa unha estrutura de comunicación entre a nai e o feto). Este risco sería maior durante o primeiro trimestre (período de diferenciación celular) no cal pode producir efectos [[Teratóxeno|teratoxénicos]] que conlevancomportan malformacións.
 
Téñense realizado estudios prospectivos nos que a nai consumía unha cantidade mínima de alcol (menos de 3,3 gramos/etanol día, equivalente a algo menos dunha cerveza ó día) nos que non se observaron efectos teratoxénicos no seguimento dos nenos ata os 6 anos. No estudio de Jacobson (1994) asegúrase que as alteracións máis importantes prodúcense cando a nai tomou unha cantidade maior de 19 gr de alcol ou consumiu nun breve espazo de tempo unha cantidade maior de 70 gr, e ademais estes problemas cobran máis importancia se a nai ten máis de 30 anos. Tamén se afirma que o consumo de alcol menor de 14g/etanol diario non provoca problemas a nivel intelectual, non obstante, non se sabe se nun futuro poden ter outro tipo de deficiencias, como se demostra no estudio de Streissguth et al. (1994 a, b).