Diferenzas entre revisións de «Florbela Espanca»

sen resumo de edición
(*Exprimir > espremer.)
En [[1903]], Florbela Espanca escribiu a primeira poesía da que temos coñecemento, ''A Vida e a Morte''. Casou no día do seu aniversario, en [[1913]], con Alberto Moutinho. Concluíu un curso de Letras en [[1917]] e inscribiuse posteriormente para cursar Dereito, sendo a primeira muller en asistir a este curso na [[Universidade de Lisboa]].
 
Sufriu un aborto involuntario en [[1919]], ano no que publicou o ''[[Livro de Mágoas]]''. É nesa época cando Florbela comeza a presentar síntomas máis graves de desequilibrio mental. En [[1921]] separouse de Alberto Moutinho, tendo que sufrir o prexuízo social que iso conlevabacomportaba. No ano seguinte casou por segunda vez con António Guimarães.
 
O ''[[Livro de Soror Saudade]]'' é publicado en [[1923]]. Florbela sufriu un novo aborto, e o seu marido pediu o divorcio. En [[1925]] casou por terceira vez, desta vez co médico Mário Pereira Lage. A morte do irmán, Apeles, nun accidente de avión, aféctaa gravemente e inspíraa para escribir ''[[As Máscaras do Destino]]''.
7.964

edicións