Adalberto de Kent: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Orleáns
Liña 42:
== Relacións cos francos ==
[[Ficheiro:Aethelberht_of_Kent_sculpture_on_Canterbury_Cathedral.jpg|right|thumb|Escultura do rei Aethelberht, rei anglosaxón e santo, na Catedral de Canterbury, Inglaterra.]]
Hai moitas probas de relacións estreitas entre Kent e os francos. O matrimonio de Aethelberht e Berta certamente vinculou as dúas cortes, aínda que non como iguais: os francos considerarían a Aethelberht un rei menor. Non hai ningún rexistro de que Aethelberht aceptara xamais a un rei continental como o seu soberano e, polo tanto, os historiadores están divididos sobre a natureza certa da relación. As probas dunha soberanía explícita dos francos sobre Kent vén dunha carta escrita polo Papa Gregorio o Grande a [[Teodorico II, rei franco|Teoderico]], rei de [[OrléansOrleáns]], e [[Teodeberto II|Teudeberto]], rei de [[Metz]]. A carta trata a misión de Agostiño en Kent de 597, e nela Gregorio di crer "que vos desexades que os vosos súbditos en cada aspecto se convertan a aquela fe na que vos, os seus reis e señores, vos sostedes". Pode ser que isto, máis que unha descrición da relación entre os reinos, fora un cumprimento papal. Tamén suxeríuse que Liudhard, o capelán de Berta, fora considerado un representante da igrexa franca en Kent, o que tamén se pode interpretar como proba de soberanía..<ref name="Stenton_59">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', pp. 59–60.</ref><ref name="Kirby_34">Kirby, ''Earliest English Kings'', pp. 34–35.</ref>
 
Unha posible razón para que os francos se quixesen vincular coa corte de Kent é o rexistro de que un rei franco, [[Khilperico I]] a mediados do século VI conquistara un pobo coñecido como "eutións". Se, como parece probable polo nome, este pobo sería o remanente continental dos xutos que invadiran Kent, entón quizais o matrimonio fora un intento de unificación política para volver a vincular diferentes ramas do mesmo pobo.<ref name="Stenton_59"/> Outra perspectiva sobre o matrimonio obtense se se considera que probablemente Aethelberht aínda non fora un soberano cando casou con Berta: quizais o apoio dos francos, conseguido a través do matrimonio, era funcional para que el accendese o trono.<ref name="Kirby_34"/>