Diferenzas entre revisións de «Tomé de Aquino»

sen resumo de edición
 
==== Esencia e existencia ====
Mediante a [[razón]] é posible chegar á realidade das cousas. Estas, agás Deus, son continxentes, poderían non existir. Por iso a composición decisiva é a composición de esencia e existencia. A esencia das cousas non conlevacomporta necesariamente a súa existencia. Só en Deus esencia e existencia coinciden. A esencia é potencia no sentido aristotélico e a existencia é acto en sentido aristotélico. A cada tipo de esencia corresponde un grao distinto de existencia. O existir é o acto da esencia, esta é potencia ou capacidade de ser. Só Deus é o ser subsistente onde se identifican esencia e ser. Os entes creados participan no ser en graos distintos segundo a capacidade de ser das súas respectivas esencias.
 
A [[metafísica]] tomista destaca por introducir a distinción entre ''[[esencia]]'' e ''[[existencia]]'', base conceptual sobre a que lexitimar unha xerarquización dos entes existentes, desde a primacía de [[Deus]], ente supremo e transcendente, ata os seres inanimados, pasando polos [[Anxo (cristianismo)|anxos]], os humanos e o resto dos seres vivos. A separación fundamental entre Deus e o resto dos entes estriba en que o primeiro ten a existencia como propiedade constitutiva da esencia divina, mentres que o resto recibe, en diversos graos, a existencia de Deus a través dun acto creador.
7.964

edicións