Ponte disulfuro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
É un enlace necesario para a estabilización da estrutura de certas [[proteína]]s. Por exemplo, algunhas pequenas proteínas como as [[toxina]]s presentes no [[veleno]] de [[serpe]]s ou de [[escorpión]]s non poden adoptar unha conformación activa se as pontes disulfuro non pechan a súa estrutura.
 
Na [[ricina]], as pontes disulfuro enlazan as súas dúas cadeas A e B de funcións completamente diferentes. A cadea B permite que a toxina se fixe á parede celular e a cadea A, responsable das propiedades tóxicas, pode inhibir a síntese proteica atacando ao [[ARN]] dos [[ribosoma]]s, o que conlevacomporta a morte celular. A destrución da ponte disulfuro fai que a toxina sexa totalmente inactiva (non pode penetrar na célula).
Noutras proteínas as pontes disulfuro serven para manter o enlace ente as diferentes cadeas polipeptídicas ou subunidades da proteína. É o caso dos [[anticorpo]]s producidos polas células do [[sistema inmunitario]], que están compostos por catro cadeas unidas por pontes disulfuro. Outro exemplo é a [[hormona]] [[insulina]], composta por dúas cadeas unidas por tres pontes disulfuro.