Liberdade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
Polo tanto, esta idea só pode analizarse por medio destas concrecións, as cales a seguirán modelando nun futuro. Segundo isto, a filosofía non formula unha resposta igual, senón que se divide en subcampos, segundo os diferentes puntos de vista ou a doutrina que seguiu cada sociedade dentro de certas condicións e modalidades. É dicir, que hai que interpretar o termo liberdade segundo o contexto no que se atope.
 
Para outras correntes da filosofía, a liberdade garda relación coa autonomía, que se entende como a dimensión da razón que lle permite ao ser humano pensar aplicándose normas a si mesmo sen que medie autoridade ningunha autoridade, o que conlevacomporta áa responsabilidade persoal e social. (Principio do filósofo [[Immanuel Kant]]). Ademais de Kant, outros moitos filósofos importantes aludiron a esta cuestión, este é o caso de:
 
Para '''[[Aristóteles]]''', a liberdade está ligada á capacidade de decidir por si mesmo no ser humano, e estaba ligada á moral. En virtude desta definición, a liberdade está relacionada coa autonomía, que aínda que leva limitacións de representación ética, constitúe a concepción de actuar dentro dun código moral. Para iso o home debe ter plena conciencia ou razón de internalizar este valor pero na marxe que establece a cidadanía (sentido político conforme á lei do Estado). De acordo con esta consideración, a persoa cre ser libre cando realiza accións ligadas á seguridade que lle permite o seu pensamento, onde asumindo os principios éticos, sabe que é libre. Isto, feito mediante a representación de accións libres e voluntarias que non son produto de coacción, nin de ignorancia e a súa conceptualización vai ligado á razón de liberdade. Para Aristóteles, de aí hai que dicir que se fai libre e voluntariamente o que obramos cando estamos alleos a toda coacción.