Diferenzas entre revisións de «Calendario hebreo»

sen resumo de edición
m (Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo))
Este difícil pero fundamental equilibrio, obtense mediante cálculos que prescriben en cal dos días da semana poderá caer o primeiro día do ano xudeu (segundo a usanza dos nosos días), que é tamén o primeiro día da festividade de Rosh Hashaná, o Ano Novo xudeu. Así, as regras do calendario hebreo estipulan que, en ningún caso, poderá o primeiro día de Rosh Hashaná e do ano -o primeiro día do mes de Tishrei- caer un domingo, ou un mércores, ou un venres.
 
Para compensar o desfase que a imposición desta regra pode conlevarcomportar no delicado equilibrio do calendario; e unha vez culminado o mes de Tishrei, durante o cal se suceden as principais festas xudías, e especialmente aquelas que carrexan os problemas que o almanaque debe resolver (Rosh Hashaná, Yom Kipur, Sucot), vólvese a balancear o calendario, agregando un, dous ou tres días nos dous meses subseguintes a Tishrei: os meses de Jeshván e Kislev.
 
=== Modelo para os anos do calendario ===
7.964

edicións