Maryland: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 96:
A economía do estado recuperouse co inicio da [[segunda guerra mundial]]. Os anos da segunda guerra mundial foron anos de gran desenvolvemento industrial no estado, e o éxodo rural, isto é, migración da poboación rural cara as [[cidade]]s, aumentou drasticamente. No final da guerra, Maryland converteuse nun estado maioritariamente urbano e industrial. A industrialización e urbanización do Estado continuaron nas décadas seguintes. O estado tamén pasou a recibir grandes números de [[afroamericano]]s procedentes dos estados do Sur, que se instalaron principalmente en Baltimore. Como consecuencia, moitas familias brancas se mudaron de Baltimore ós suburbios próximos.
 
Ata [[1954]], as escolas de Maryland eran segregacionistas, con escolas para brancos e outras, xeralmente de menor calidade, para afroamericanos. Porén, neste ano, o Supremo Tribunal de Xustiza dos Estados Unidos xulgou que tal segregación era anticonstitucional. Baltimore unificou o seu sistema escolar inmediatamente, mais en outrasnoutras cidades, menos poboadas e de poboación maioritariamente branca, a desegregación tardou moito máis tempo para alcanzalo, ata tres décadas nalgunhas pequenas cidades do interior.
 
Despois da década de 1960 en diante, moitas das industrias de manufactura se desprazaron cara a outros estados que dispuñan de man de obra máis barata. A industria naval e ferroviaria do estado, anteriormente a maior fonte de renda de Maryland, practicamente desapareceu, despois do peche de numerosas fábricas e a mudanza de outras para outros estados do Sur. Actualmente, a industria de manufactura pouco contribúe á economía do Estado, dominada actualmente polo comercio e servizos.