Aspiradora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
-Refs
RubenWGA (conversa | contribucións)
Liña 5:
Até finais do século XIX, os cepillos para alfombras eran as únicas ferramentas coas que se contaba para tratar de manter limpo o ambiente destes lugares.
[[Ficheiro:Aspirador_infrografía.jpg|miniatura|300x300px|Esquema da viaxe do aire nunha aspiradora.]]
Posteriormente foron creados varios artefactos para limpar alfombras, e en 1901 foi patentada a primeira aspiradora.<ref name="Gantz, Carroll 2012 p. 45">Gantz, Carroll (Sep 21, 2012). The Vacuum Cleaner: A History. McFarland. p. 45</ref> Ideada polo enxeñeiro inglés Hubert Cecil Booth, Puffing Billy era unha enorme máquina, cun motor eléctrico, que aspiraba o po. Tamén creou unha aspiradora que a chamou Trolleyvack que funcionaba cun motor máis pequeno, despois Booth instalou unha empresa de aseo. A súa primeira tarefa importante foi limpar a alfombra da Abadía de Westminster; tamén houbo outro creador, James Murray Spangler (de [[Ohio]]), quen creou unha aspiradora portátil que funcionaba cun ventilador eléctrico.
[[Ficheiro:Sistema_de_lavado_manual,_Ágreda,_España_2012-05-19,_DD_01.JPG|miniatura|Variante para a limpeza de vehículos.]]
No entanto, non sería até 1908 (ano no que Spangler vendeu os dereitos do seu invento a un parente e industrial do coiro, William H. Hoover) que se crease a aspiradora de trineo de hoxe en día. Hoover deseñou o modelo "O", que tiña rodas, un mango longo e unha bolsa para conter o po. Aínda que nun principio o mercado era para fábricas, máis tarde realizou unha liña de aparellos domésticos, popularizándose o seu uso rapidamente por todo Estados Unidos.