Espectrómetro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
{{subst:atención|varias referencias introducidas aleatoriamente, non referencian o texto ó que acompañan}}
RubenWGA (conversa | contribucións)
-Refs
Liña 1:
{{Atención|1=varias referencias introducidas aleatoriamente, non referencian o texto ó que acompañan|data=marzo de 2017}}
[[Ficheiro:Spektrometr.jpg|miniatura|Espectrómetro.|260x260px]]
O '''espectrómetro''', '''espectrofotómetro''' ou '''espectrógrafo''', é un aparello capaz de analizar o [[espectro de frecuencia]]s característico dun [[Onda (física)|movemento ondulatorio]]. Aplícase a diferentes instrumentos que operan sobre un amplo campo de lonxitudes de onda.<ref name="openstax-astro">OpenStax, Astronomy. OpenStax. 13 October 2016. <http://cnx.org/content/col11992/latest/></ref>
 
== Espectroscopio ==
[[Ficheiro:Spectrometer in use.JPG|miniatura|252x252px|Uso do espectrómetro.]]
[[Ficheiro:Silver Target in XPS Spectrometer.jpg|miniatura|295x295px|Espectrómetro.]]
Un '''espectrómetro óptico''', ou '''espectroscopio''', é un instrumento que serve para medir as propiedades da [[luz]] nunha determinada porción do [[espectro electromagnético]]. A variable que se mide xeralmente é a [[intensidade luminosa]], pero pódese medir tamén, por exemplo, o estado de [[Polarización|polarización electromagnética.]] A variable independente adoita ser a lonxitude de onda da luz, xeralmente expresada en submúltiplos do [[metro]], aínda que algunhas veces poida ser expresada en calquera unidade directamente proporcional á [[enerxía]] do fotón, como a [[frecuencia]] ou o [[Electrón-volt|electronvolt]] que manteñen unha relación inversa coa [[lonxitude de onda]]. Utilízanse espectrómetros en [[espectroscopia]] para producir [[Liña espectral|liñas espectrales]] e medir as súas [[Lonxitude de onda|lonxitudes de onda]] e intensidades.<ref>{{cite journal|title=mass spectrometer|year=2009|doi=10.1351/goldbook.M03732|url=http://www.iupac.org/goldbook/M03732.pdf}}</ref>
 
En xeral, debido ás diferentes técnicas necesarias para medir distintas porcións do espectro, un instrumento concreto só operará sobre unha pequena porción deste campo total. O [[analizador de espectro]] é un dispositivo electrónico moi parecido por embaixo das frecuencias ópticas (é dicir, [[microondas]] e [[radiofrecuencia]]).<ref>[[Jan Kazimierz Danysz]], Le Radium 9, 1 (1912); 10, 4 (1913)</ref>
 
Esta ferramenta pode ser usada para ver os espectros de emisión xerados polos elementos ao absorber ou emitir fotóns enerxéticos. Das frecuencias de onda, un moi pequeno prisma é visible ao ollo humano, entre os [[raios ultravioleta]] e os infravermellos; o espectrómetro dá unha visión máis clara destes.<ref name="Siegbahn">K. Siegbahn, Alpha-, Beta- and Gamma-Ray Spectroscopy, North-Holland Publishing Co. Amsterdam (1966)</ref>
 
Cabe resaltar que cada elemento ten un espectro particular, e que dependendo da súa estrutura química algúns reaccionan máis rápido que outros, polo que algúns espectros de emisión non requiren unha descarga enerxética moi grande, mentres que outros unha maior. En [[1920]], por exemplo o científico Niels Bohr escribiu os seus postulados con base na descarga enerxética que lle deu a un átomo de [[hidróxeno]], dando a idea para que un espectrómetro fose construído.<ref name="Hollas">J. Michael Hollas, ''Modern spectroscopy'' Edición 2 por Wiley no ano 1993 [[ISBN 0-471-93076-8]]</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==