Diferenzas entre revisións de «Catedral de Salisbury»

m
Arranxos varios + Cda
(recategorizo)
m (Arranxos varios + Cda)
 
== Historia e características ==
A construción da catedral comezou polo lado oriental. A capela da nosa Señora, o [[deambulatorio]] de forma rectangular e as naves laterais do [[presbiterio]] rematáronse en [[1225]], e en [[1258]] completáronse a [[nave (arquitectura)|nave]], o [[cruceiro (arquitectura)|cruceiro]] e o [[coro (arquitectura)|coro]]. A espectacular fachada oeste estivo acabada en [[1265]]. En [[1320]] terminouse de construír a [[Torre (construción) |torre]] e a [[Agulla (arquitectura)|agulla]]. Cunha altura de 123 metros, a agulla da catedral de Salisbury é a máis alta de toda [[Inglaterra]].
 
Con todo, a agulla que debía dar grandeza á catedral converteuse nun auténtico problema. Xunto coa torre, engadiu 6.500 toneladas ao peso do edificio. Ao longo dos anos fóronse engadindo diferentes medios de suxeición para evitar que a abadía se derrube polo exceso de peso, tal e como ocorreu coa abadía de [[Malmesmury]].
 
En [[1790]], o arquitecto [[James Wyatt]] realizou algunhas mudanzas significativas, e controvertidos, á catedral. Estes cambios incluían a substitución do coro orixinal e a demolición da torre da campá que se alzaba unha altura de 100 metros na zona noroeste do edificio principal.
==Véxase tamén==
{{Commonscat|Salisbury Cathedral}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Wiltshire]]
393.002

edicións