Bronquíolo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios + Cda
Liña 6:
 
== Estrutura ==
Os bronquíolos teñen aproximadamente 1  mm ou menos de diámetro e as súas paredes constan dun [[epitelio]] cuboideo ciliado e [[músculo liso]], pero non teñen [[cartilaxe]].
Os bronquíolos primarios divídense sucesivamente dando bronquíolos terminais máis finos de 0,5  mm de diámetro ou menos. Estes á súa vez ramifícanse en bronquíolos respiratorios, que se dividen nos condutos alveolares que dan paso aos sacos alveolares. Os bronquíolos terminais supoñen a parte final das vías exclusivamente condutoras de aire do aparato respiratorio, xa que na porción seguinte ten lugar o intercambio de gases entre o aire e o sangue.
 
O diámetro dos bronquíolos é moi importante para o fluxo de aire. Os bronquíolos poden cambiar de diámetro debido ás contraccións e relaxacións do músculo liso das súas paredes, aumentando ou diminuíndo o fluxo de aire. Un incremento de diámetro denomínase broncodilación e é estimulada pola [[adrenalina]] (epinefrina) ou polos nervios simpáticos, e incrementa o fluxo de aire. A diminución do diámetro denomínase broncoconstrición e é estimulado pola [[histamina]], os nervios parasimpáticos, aire frío, irritantes químicos e outros factores, e fai decrecer o fluxo de aire.
 
==Bronquíolos primarios==
 
Os '''bronquíolos primarios''' orixínanse como ramificacións dos [[bronquio]]s terciarios ou segmentarios, polo que son aproximadamente a sétima xeración de ramificacións da árbore respiratoria. O diámetro dos bronquíolos primarios é como media de 1  mm, pero pode variar de 5 a 0,3  mm.
 
Son histoloxicamente diferentes dos bronquios terciarios, porque neles xa non hai [[cartilaxe]] e porque teñen [[célula de Clara|células de Clara]] no seu revestimento epitelial. Teñen músculo liso, pero non forma unha capa circular continua arredor do bronquíolo, senón feixes de fibras separadas, que forman unha rede co tecido conxuntivo interposto. O [[epitelio]] empeza como un epitelio columnar simple ciliado, pero vai mudando a un epitelio cuboidal simple a medida que os bronquíolos primarios se dividen e son cada vez máis finos.
Liña 23:
 
==Bronquíolos respiratorios==
Orixínanse por ramificación dos bronquíolos terminais, e eles á súa vez divídense formando os condutos alveolares que levan aos sacos alveolares, polo que son a transición entre a porción condutora da árbore respiratoria e a porción respiratoria. Son tubos curtos de 0,15 a 2  mm de diámetro, que se dividen orixinando tres xeracións de bronquíolos respiratorios nos humanos. Están revestidos por un epitelio cuboideo, que vai progresivamente perdendo altura e perdendo os [[cilio]]s. As súas paredes están interrompidas polas entradas aos condutos alveolares e sacos alveolares, os cales aumentan en número en cada ramificación do bronquíolo. Nos [[Alvéolo pulmonar|alvéolo]]s realízase o intercambio de gases.
 
==Patoloxía==
Liña 35:
* Gartner, Leslie P. and James L. Hiatt. ''Color Atlas of Histology'', 3rd ed. (2000). ISBN 0-7817-3509-2
* Gartner, Leslie P. and James L. Hiatt. ''Color Textbook of Histology'' (2001). ISBN 0-7216-8806-3
 
 
==Véxase tamén==
Liña 43 ⟶ 42:
{{Sistemas e órganos}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Aparato respiratorio]]