Estadio de La Romareda: Diferenzas entre revisións

m
Arranxos varios + Cda
Sen resumo de edición
m (Arranxos varios + Cda)
*Final da [[Copa da Raíña de fútbol|Copa da Raíña]] de [[2009]]
}}
O '''Estadio de La Romareda''' é o estadio de [[fútbol]] do [[Real Zaragoza]]. Pertence ó concello da cidade de [[Zaragoza]] e foi inaugurado o [[8 de setembro]] de [[1957]] cun partido fronte ó [[Club Atlético Osasuna|Osasuna]], no que os locais gañaron por 4-3.
 
O estadio foi remodelado varias veces. En [[1977]] termináronse de construír os novos chanzos cubertos e en [[1982]] con motivo da [[Copa do Mundo de Fútbol|Copa Mundial de Fútbol]] de [[1982]], construíronse as cubertas de xeral sentado. Finalmente en [[1994]] o campo alcanzou o seu aspecto actual tras a reforma que serviu para que todas as localidades fosen de asento.
 
Foi unha das sedes dos [[Xogos Olímpicos de 1992|Xogos Olímpicos de Barcelona 1992]] para xogar partidos de fútbol.
 
A súa capacidade oficial é de 34.596, cunha afluencia media de 28.000 persoas nos partidos do Real Zaragoza.
 
A Romareda foi proposta como [[Estadio Olímpico]] na errada candidatura de [[Jaca]] aos [[Xogos Olímpicos]] de [[Inverno]] de [[2014]].
 
== Localización ==
O estadio está situado ao sur da cidade de [[Zaragoza]], no barrio de La Romareda do distrito Universidad. O lateral oeste está na rúa [[Eduardo Ibarra]], o fondo norte na rúa Luís Bermejo, o lateral leste no paseo [[Isabel a Católica]] e o fondo Sur na rúa [[Xerusalén]].
 
Próximos ao estadio atópase o Campus ''Praza San Francisco'' da [[Universidade de Zaragoza]], os hospitais ''[[Miguel Servet]]'' e ''Clínico [[Lozano Blesa]]'', e o Auditorio de Zaragoza.
 
== Outros usos ==
 
== Proxectos de novo estadio ==
Os primeiros plans para construír un novo estadio en Valdespartera (aforas de [[Zaragoza]]) foron abandonados debido ao cambio da corporación municipal ([[2003]]); posteriormente pretendeuse reconstruílo na mesma localización, cunha capacidade de máis de 42.000 persoas, pero esta opción quedou truncada debido á admisión a trámite e suspensión cautelar das obras ([[17 de marzo]] de [[2006]]) como consecuencia de dúas demandas xudiciais da oposición municipal. Finalmente, o proxecto foi paralizado en [[marzo]] de [[2007]].
 
En [[febreiro]] de [[2008]] o Concello de Zaragoza, tras un cambio na coalición de goberno, anunciou o acordo para que o novo campo sitúese no [[San José (Zaragoza)|distrito de San José]]. Segundo eses plans, La Romareda deixaría de ser o campo do [[Real Zaragoza]] aproximadamente en [[2012]].
 
==Véxase tamén==
=== Outros artigos ===
*[[Real Zaragoza]]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Estadios de fútbol de Aragón|Romareda]]
393.002

edicións