Emú: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 44:
O '''emú común''' (''Dromaius novaehollandiae'') é segunda meirande ave existente, despois da [[avestruz]]. É [[Endemismo|endémica]] de [[Australia]], onde é a meirande ave nativa e o único membro existente do [[xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Dromaius]]''. A área de distribución do emú abrangue case toda Australia, mais o [[emú de Tasmania]] e o [[emú da illa King]] extinguíronse despois da colonización europea do continente en 1788. Esta ave é común de abondo para ser clasificada como pouco preocupante pola [[International Union for Conservation of Nature]].
Son [[aves non voadoras]] de plumaxe marrón e longas patas e pescozo que poden chegar ós 1,9m de altura. Poden percorrer grandes distancias, e cando é preciso poden acadar os 50km/h. Aliméntanse dunha gran variedade de plantas e insectos, e sábese que poden pasar semanas sen comer. Beben de xeito infrecuente, pero toman grandes cantidades de auga cando se presenta a oportunidade.
A época de cría é entre maio e xuño, e a loita entre as femias por un macho é frecuente. As femias poden reproducirse e criar varias niñadas de ovos nunha tempada. O macho encárgase da incubación e durante o proceso apensa come e bebe, polo que perde unha cantidade significativa de peso. Os ovos eclosionan despois de oito semanas e as crías son alimentadas polos pais. Acadan o tamaño adulto despois de seis meses, pero poden manterse como familia até a seguinte tempada de cría. O emú é unha importante icona cultural de Australia, estando presente no [[escudo de Australia]] e en varias moedas. É un elemento importante da mitoloxía dos [[aborixes australianos]].
== Notas ==
|