Emperador, emperatriz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
=== Título latino ===
{{Artigo principal|Emperador romano}}
Orixinariamente o '''imperator''' era o xefe do exército romano. O ano [[-27]], [[Octavio Augusto]] unificou o mundo romano e estableceu o [[Imperio Romano]], pero non se atreveu a asumir poderes absolutos e quebrar desta maneira o sistema político da [[República Romana]], debido ao exemplo que representaba o asasinato de [[Xulio César]] o ano [[-44]], precisamente acusado polos [[Senado romano|senadores]] de querer acabar coas liberdades civís republicanas. De estaDesta maneira creou o [[Principado]], un réxime político no cal se mantiñan todos os cargos e formas republicanas, pero todos os grandes cargos públicos eran asumidos por Octavio. Malia que este aceptou para si tan só o título de ''princeps civium'' (isto é, ''o primeiro dos cidadáns''), na práctica o título máis importante que tiña era o de ''Imperator'' ou xefe do exército, porque era este o último garante da paz romana despois das cruentas guerras civís libradas no último século. De estaDesta maneira, co paso do tempo foise identificando o título de Emperador co de amo e señor absoluto dun imperio.
 
=== A caída de Roma ===
Liña 11:
Unha vez derrubado o Imperio Romano de Occidente, o [[Imperio Bizantino]] considerouse continuador da tradición romana, malia que abandonou a cultura latina pola antiga cultura helénica que dear orixe a aquela. Os emperadores bizantinos fixéronse chamar co termo grego ''[[Títulos e cargos do Imperio Bizantino|basileus]]'', que significa [[rei]]. Non obstante, no ámbito oriental comezou a cobrar forza tamén o título de [[Tsar]], derivado do nome latino [[César (título)|César]], e que se aplicou despois ao Tsar de [[Bulgaria]], para ser tomado no seu momento polos Tsares do [[Imperio Ruso]], unha vez caída [[Constantinopla]] en mans dos [[otománs]].
 
En Occidente non houbo Emperadores desde o ano [[476]], pero a [[Igrexa Católica]] se consideraba continuadora do Imperio, no campo espiritual. Inicialmente os papas romanos recoñeceron aos emperadores bizantinos como continuadores da tradición imperial romana, pero as crecentes desavinzas entre ambos (fundamentalmente porque os papas tiveron moitas veces que se defenderen coas súas propias armas de invasores estranxeiros, sen recibiren axuda dos bizantinos que supostamente debían protexelos) fixeron que o [[Papa]] volvese a mirada cara o crecente poder político dos [[francos]]. De estaDesta maneira os Papas chamaron a [[Pipino o Breve]] na súa axuda, entronizándoo como rei dos francos en recompensa. O seu fillo [[Carlomagno]] foi coroado [[Emperador de Occidente]] o ano [[800]] en Roma, nun xesto do Papa [[León III, Papa|León III]]; oficialmente sostense que por agradecemento ante a súa intervención durante unha revolta en Roma, pero é posíbel que fora motivado polo crecente acercamento entre Carlomagno e [[Irene]], á sazón emperatriz de Bizancio, o que ía en contra dos seus intereses. No ano [[812]], o emperador bizantino [[Miguel I Rangabé]] recoñeceu a Carlomagno como emperador de Occidente a través dun tratado firmado en Aquisgrán, malia que esta aceptación foi feble, xa que Bizancio consideraba que a nova realeza xermana non tiña lazo xurídico ningún co Imperio Romano, mentres que o Imperio Bizantino si que era (no papel, polo menos) sucesor legal deste, en Oriente.
 
Despois de que os netos de Carlomagno se repartiron o seu imperio no [[Tratado de Verdún]] ([[843]]), houbo varios reis que con maior ou menor fortuna intentaron facerse recoñecer como Emperadores, tratando de forzar ao Papa mediante o envío de expedicións militares a [[Italia]]. Finalmente o ano [[962]] o rei xermano [[Odón o Grande]] conseguiu ser coroado lexítimo Emperador de Occidente, o que o proclamaba como herdeiro de Carlomagno, fundándose así o [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. Os seus sucesores conservarían o título ata o ano [[1806]], malia que o propio Sacro Imperio Romano Xermánico foi practicamente desmantelado en [[1648]], despois do [[Tratado de Westfalia]].