Uz galaico asturiana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Bracteola > bractéola.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axustes varios no texto e en Véxase tamén.
Liña 16:
}}
 
A '''uz galaico asturiana''' ou '''uz das brañas''' ('''''Erica mackaiana''''' Bab.), é unha pequena [[Erica|uz]] pertencente á [[Familia (bioloxía)|familia]] das [[Ericaceae|ericáceas]] que aparece no norte de [[Galiza]], [[Asturias]], [[Cantabria]] e [[Irlanda]].
 
É semellante á [[carroucha das brañas]] (''Erica tetralix''). Unha das principais diferenzas desta uz é que as flores van en umbelas no extremo das pólas, sen bractéolas basais.
 
== Descrición ==
É un arbusto que acada os 60 cm. de altura, os [[talo]]s son tortos e ramalludos, decumbentes e ergueitos, con pelos glandulosos curtos e non glandulosos nos talos novos, con abundantes [[Folla|folliñas]], dispostas en verticilos de catro, provistas de pelos nos bordos e de forma elíptica ou ovado lanceolada , coa marxe revoluta e o envés abrancazado deixando ver o nervio medio verdoso. As [[flor]]es son de cor rosada, de forma tubular, ás veces de cor alba. Reúnense en inflorescencias de tipo umbela no extremo dos talos, cada unha con entre 4 e 12 flores; teñen sépalos semellantes ás follas, de 1,3 a 2,5 mm, ciliados e cun longo pelo no ápice; a corola, de 5,5 a 7 mm, é urceolada, tubular. Os estames teñen anteras de case 1 mm, con apéndices de 0,6 a 0,8 mm, lineares e lixeiramente fendidos ou enteiros; o ovario é glabro, cun estilo papiloso no ápice e o estigma estreitamente obcónico. O [[froito]] é unha cápsula subglobosa. Florea entre xullo e novembro.
 
A polinización, como en todas as urces, faise grazas aos [[himenóptero]]s, coma [[abella]]s e [[abesouro]]s (mel de uz).
Liña 28:
[[Uceira]]s e matogueiras, clareiros de bosques, en lamazais e brañas (acedos e incluso básicos), dende o nivel do mar até os 1000 m.
 
Comparte ecosistemas con outras [[Erica|urces]], [[Ulex|toxos]], ese outras especies comacomo ''[[Alchemilla angustiserrata]]'', ''[[Carex asturica]]'', ''[[Centaurium scilloides]]'', ''[[Cirsium filipendulum]]'', ''[[Daboecia cantabrica]]'', ''[[Erica ciliaris]]'', ''[[Festuca ovina]] subsp. hirtula'', ''[[Festuca paniculata]]'' subsp. ''longiglumis'', ''[[Laserpitium prutenicum]]'' subsp. ''doufourianum'', ''[[Leucanthemum gallaecicum]]'', ''[[Pseudarrhenatherum longifolium]]'', ''[[Pterospartum cantabricum]]'', ''[[Serratula tinctoria]]'' var. ''seoanei'', ''[[Thymelaea coridifolia]]'', ''[[Ulex gallii subsp. breoganii]]'' e '' [[Ulex gallii subsp. gallii]]''. Nas [[turbeiras]] comparte ecosistemas con ''[[Carex durieui]]'', ''[[Odontoschisma sphagni]]'' e ''[[Sphagnum papillosum]]''.
Nas [[turbeiras]] comparte ecosistemas con ''[[Carex durieui]]'', ''[[Odontoschisma sphagni]]'' e ''[[Sphagnum papillosum]]''.
 
=== EcoloxiaEcoloxía ===
Medra a plena luz aínda que soporta a sombra; preferimdo climas temperados e con calor do piso colino principalmente. Continentalidade: Euoceánica; invernos suaves e humidade elevada.
Prefire solos húmidos ou moi húmidos (lamazais, brañas etc), é, polo tanto, indicadora de humidade, ademais de acidez do solo, xa que prefire solos con pH entre 3,5 e 5,5.
Liña 46 ⟶ 45:
* [[Erica|''Erica'' (xénero)]]
=== Bibliografía ===
* Ojeda, Fernando''.'' "[http://www.jolube.es/Habitat_Espana/documentos/4020.pdf Brezales húmedos atlánticos de "''Erica ciliaris'']''".'', Fernando Ojeda, parte deEn ''Bases ecológicas preliminares para la conservación de los tipos de hábitat de interés comunitario en España'',. promovida[[Ministerio porde laAgricultura, DirecciónAlimentación General dee Medio NaturalAmbiente yde Política Forestal (España|Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino]]. de España)Madrid, 2009.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://floraastur.blogspot.com.es/2013/07/brezo-galaico-asturiano-erica-mackaiana.html?m=1 Florastur]
* [http://www.floravascular.com/index.php?spp=Erica%20mackaiana Flora vascular]
 
=== Ligazóns externas ===
{{commonscat|Erica mackaiana}}
* [http://www.asturnatura.com/especie/erica-mackaiana.html Ficha da planta na Web de Asturnatura]
{{Control de autoridades}}