Tombos da Catedral de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. con info das referencias
 
retiro información xenérica
Liña 1:
{{AP|Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela}}
== Definición ==
Denomínase '''tombo''' a un [[libro]] manuscrito en follas de [[pergameo]], ordinariamente de de gran tamaño e, a miúdo, ilustrados con miniaturas, que se conservan en [[catedral|catedrais]], [[mosteiro]]s, conventos, [[igrexa]]s, [[municipio]]s e outras comunidades.<ref>[http://academia.gal/dicionario/-/termo/tombo/2 '''tombo'''], 2º art. na dicionario da [[RAG]],</ref> no que se inclúen, ademais de textos históricos, as copias dos seus privilexios e das escrituras das súas propiedades. Moitas veces adoita tiomarse ''tombo'' como sinónimo de '''cartulario''', aínda que estes son libros manuscritos nos que simplemente están transcritos os privilexios ou documentos pertencentes a un mosteiro, igrexa etc.<ref>[http://academia.gal/dicionario/-/termo/cartulario '''cartulario'''] no dicionario da RAG.</ref>
 
== Etimoloxía ==
A palabra galego-portuguesa ''tombo'' (en castelán ''tumbo'') procede do [[grego antigo]] τύμβος ''týmbos'', 'túmulo', 'tumba', segundo o [[DRAE]].<ref>[http://dle.rae.es/?id=atYmTAS|atZ1P8V ''tumbo<sup>2</sup>''] no [[DRAE]].</ref> Porén, outros etimoloxistas derívana do grego antigo τόμος ''tómos'', 'anaco cortado', 'porción', 'parte', e tamén 'anaco de papiro', do que derivaría tamén ''tomo'' (''volume'').<ref>
[[José Pedro Machado]] (1995): ''Dicionário Etimológico da Língua Portuguesa, vol. V'', 7.ª ed., Lisboa.</ref>
 
== Os tombos da catedral de Santiago ==
[[Ficheiro:AlfonsoVI of Castile.jpg|miniatura|180px|Miniatura do rei [[Afonso VI de León|Afonso VI]].<br>[[Tombos da Catedral de Santiago de Compostela|''Tombo A'']], [[Catedral de Santiago de Compostela|Catedral de Santigo]].]]
 
Os '''tombos da Catedral de Santiago de Compostela''' son uns documentos medievais conservados no [[Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela]].
Os tombos da catedral de Santiago consérvanse no [[Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela|arquivo]] do templo, que está situado nun dos brazos do claustro da Catedral. O edificio que o alberga foi construído por [[Clemente Fernández Sarela]], [[arquitectura|arquitecto]] que traballou baixo as ordes de [[Fernando de Casas Novoa]] na [[fachada do Obradoiro]] da catedral santiaguesa, e foi [[aparellador]] das obras desta catedral con [[Lucas Ferro Caaveiro]]. O arquivo é un dos principais centros de investigación xacobea do mundo.
 
==Características==
Desde o mesmo momento da ''inventio'' ou descubrimento no [[século IX]] da tumba apostólica, o enorme desenvolvemento político e socioeconómico da nova institución eclesiástica que velaba polo enclave foi impoñendo a conservación, como garante dos seus dereitos, de todo tipo de documentación: real, pontificia, eclesiástica e civil; unha documentación integrada, canda os volumes e códices existentes no ''thesaurum'' medieval, recompilados polo primeiro bispo (e despois arcebispo) [[Diego Xelmírez]], na primeira metade do [[século XII]], que foi o primeiro que desenvolveu unha ordenación minimamente arquivística do conxunto, cunha selección de documentación, organización da mesma e copia en novos soportes, dando lugar a volumes como o Tombo A (séculos XII-XIII) na súa primeira fase, cartulario coa documentación rexia dos séculos IX-XIII e cunha galería de miniaturas de reis, raíñas e infantas de [[Reino de Castela|Castela]] e [[Reino de León|León]]. Desta centuria destaca tamén o famoso [[Códice Calixtino]], pedra angular da historia medieval xacobea.
 
É de salientar tamén o traballo desenvolvido, dous séculos despois, no primeiro cuarto do [[século XIV]], polo arcebispo [[Berenguel de Landoira]] que, tras sufocar unha revolta urbana en [[Santiago de Compostela]], emprendeu un segundo labor de ordenación, sobre a mesma base de selección, ordenación, organización e copia de documentación para renovar o soporte. Así, prodúcense os tombos B e C, con documentación real, pontificia, eclesiástica e civil. Así, aos poucos, e co paso dos séculos, foise conformando unha masa documental integrada por documentación en tombos, documentos soltos e, posteriormente, atados de época moderna e contemporánea.
 
Así, aos poucos, e co paso dos séculos, foise conformando unha masa documental integrada por documentación en tombos, documentos soltos e, posteriormente, atados de época moderna e contemporánea.
 
Entre os documentos medievais, destacan os seguintes:<ref>{{Cita web|url=http://gmh.consellodacultura.org/fileadmin/arquivos/publicos/CDMO/doc_eclesiastica_galega.pdf|páxina-web=Gallaeciae Monumenta Historica: Consello da Cultura Galega|título=A documentación eclesiástica galega|data-acceso=9 de marzo de 2017}}</ref>
Liña 26 ⟶ 16:
{{listaref|2}}
 
==Véxase tamén==
=== Bibliografía ===
* González Balasch, María Teresa (2004): ''Tumbo B de la catedral de Santiago''. O Castro-Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-8485-170-7.
* López Alsina, Fernando (1988): "O Arquivo Catedralicio de Santiago", en [[Xosé Ramón Barreiro Fernández]], coord., ''Inventario das fontes documentais da Galicia medieval''. A Coruña: Consello da Cultura Galega. ISBN 84-8717-200-8.
* [[Manuel Lucas Álvarez|Lucas Álvarez, MaulelManuel]] (1998): ''Tumbo A de la Catedral de Santiago''. Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos / Cabildo de la S.A.M.I. Catedral. ISBN 84-7492-870-2.
* Sánchez Sánchez, Xosé María (2006): "Recuento de las fuentes medievales del Archivo de la Catedral de Santiago de Compostela", en ''Compostellanum'', vol. LI, nº 3-4, Santiago de Compostela, pp.&nbsp;313–323.