Canle de Panamá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrección do xénero da palabra "auga".
m Arranxiño
Liña 68:
|background =
}}
A '''canle de Panamá''' (en {{lang-es|Canal de Panamá}}) é unha [[Canle (enxeñería)|canle de navegación]] de 77,1 quilometros, localizada en [[Panamá]], no punto máis estreito entre o [[mar Caribe]] e o [[océano Pacífico]]. Os cortes da canle a través do [[istmo de Panamá]] son un conducto clave para o comercio marítimo internacional. Hai [[esclusa]]s en cada extremo para alzar barcos ata o [[lago Gatún]], un lago artificial creado para reducir a cantidade de traballo de escavación necesaria para a canle, 26 metros sobre o nivel do mar. Inaugurado o [[15 de agosto]] de [[1914]], tivo un grande efecto na economía mundial a oao diminuír a distancia e os tempos da comunicación marítima entre os océanos [[Océano Atlántico|Atlántico]] e [[Océano Pacífico|Pacífico]], xa que antes os pasos naturais utilizados entre os océanos Atlántico e Pacífico eran o [[estreito de Magallanes]] e o [[cabo de Fornos]], situados no [[Zona Austral de Chile|extremo austral de Chile]],<ref>{{cita web |url=http://web.directemar.cl/pilotaje/PaginaB.html |título=Estrecho de Magallanes, canales y fiordos chilenos - Regulaciones y direcciones de pilotaje, rutas |dataacceso=6/12/2014 |formato=HTML |autor=[[Dirección General del Territorio Marítimo y Marina Mercante de Chile]] |data=s/f |editor=web.directemar.cl |lingua=castelán}}</ref> este feito provocou melloras económicas e comerciais durante case todo o [[século XX]].
 
Proporciona unha vía de tránsito curta e relativamente barata entre estes dous grandes océanos, influíu considerablemente sobre os patróns do comercio mundial, impulsou o crecemento nos países desenvolvidos e deulle a moitas áreas do mundo o impulso básico que necesitan para a súa expansión económica. Por exemplo, un barco carboeiro que saia da costa oriental dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en dirección ó [[Xapón]] pola canle de Panamá, aforra uns 4.800&nbsp;km, en comparación coa alternativa máis curta dunha ruta marítima; un barco bananeiro que sae de [[Colombia]] en dirección a [[Europa]], aforra unha distancia duns 9.000&nbsp;km.