Aleksandr Pushkin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Moedagalega (conversa | contribucións)
*financieiro/a > financeiro/a.
Liña 47:
 
=== Madurez ===
En [[1826]] remata o seu arresto domiciliario, pero a pesar de que non participara directamente no levantamente do ano anterior moitos dos sublevados tiñan entre as súas pertenzas os primeiros poemas políticos do escritor, polo que se veu fortemente controlado pola censura, impedindoselle viaxar e publicar libremente. Porén, xa contaba cun gran recoñecemento e gozaba de boa situación financieirafinanceira. Desta época datan traballos coma ''Poltava'', adicado ao ensalzamento de [[Pedro I de Rusia]] e a súa vitoria na [[Batalla de Poltava]].
 
En [[1830]] en Moscova, coñeceu a [[Natalia Goncharova]], coa que casou en [[1831]]. Ese mesmo ano ingresa outra vez no Ministerio de Asuntos Exteriores. En [[1831]] coñece a [[Nikolai Gógol]], con quen entablará unha moi boa amizade cunha ampla colaboración e influencia literaria mutua. En [[1833]] é elixido membro da Academia Rusa. Para aliviar a difícil situación económica froito da vida disoluta do matrimonio, comezou a publicación da revista literaria ''O Contemporáneo'' en [[1836]], que chegaría a ter moita repercusión nas letras rusas.