Abrir o menú principal

Cambios

Arranxiño: engado o acento na vogal "a" da palabra "dase", segundo as normas dos acentos diacríticos da RAG.
:'''[[Peón (xadrez)#A captura ao paso do peón|Comer ó paso]]''': Para comprender este movemento debemos concibir a ''saída dobre'' como dous semi-movementos de avance consecutivos con cadanseu movemento de só unha posición. Polo tanto, un peón atacante pode estar afectado pola defensa se recibe un contraataque dende a posición tralo primeiro semi-movemento do outro peón defensor (que executaría unha saída dobre).
 
:'''[[Enroque]]''': En determinadas situacións nas que un está sendo atacado, sería aconsellable poder mover varias pezas ó mesmo tempo. O enroque é a única xogada do xadrez na que acontece isto. O movemento consiste en mover o rei dúas casas en dirección a unha das dúas torres e mover a torre a beira do rei pasando por encima deste, cando o enroque se realiza coa torre máis próxima ó rei chámase enroque curto mentres que se é coa torre máis afastada chámase enroque longo. O enroque só se pode realizar se tanto a torre coma o rei non se moveron durante toda a partida, ademais o rei non pode estar en [[xaque]] ou pasar por unha casa ameazada por unha peza contraria. Este movemento defensivo nas meirande parte das partidas dasedáse nos primeiros movementos da apertura.
 
:'''[[Xaque]]''': Cando o rei está sendo atacado por unha peza contraria dise que está en posición de xaque ou simplemente ''en xaque''. En xadrez non profesional, normalmente o atacante avisa o contrario de que está en xaque simplemente dicindo "xaque" (mesmo hai quen avisa dicindo "xaque á raíña").
83

edicións