Conquistadores casteláns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
== Características dos conquistadores ==
Os conquistadores eran en xeral novos, aínda que os caudillos non era nin novos nin vellos.
{{cita|Os caudillos da empresa conquistadora non eran novasxoves nin adolescentes como o resto da hoste. Eran, máis ben, [[home]]s maduros. Nin novos nin anciáns, porque ao mozo pérdeselle o respecto e ao vello a forza. Os caudillos da [[Conquista do Imperio Azteca|conquista de México]] ([[Hernán Cortés]], [[Pedro de Alvarado]]) tiñan 34 anos. [[Francisco Pizarro]], foi o maior de todos. Por iso, os españois dicíanlle "O Vello" e os incas chamáronlle o "Apu Machu".|Pablo Macera}}
 
A relación entre os soldados rasos e os caudillos que figuraban como xefes, era extremadamente vertical; serviles os primeiros e autoritarios os segundos. A autoridade do caudillo era asegurada polo encargo real, a experiencia e o control do botín. Nalgunhas ocasións, este tivo que recorrer a extremas proezas para asegurarse a súa autoridade, como [[Hernán Cortés]] cando mandou queimar as súas [[barco|naves]] ou [[Francisco Pizarro]] cando trazou a raia coa súa [[espada]] na [[illa do Galo]]. A partir dese tipo de accións, a soldadesca comezou a velos como heroes, figuras lendarias. No caso da conquista do Perú, a disciplina mantívose férrea ata antes da repartición do botín. Logo diso, desatáronse as baixas paixóns, asasinatos, actos de indisciplina e guerras civís.