Paul Gauguin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 41:
Trala súa desastrosa experiencia en Arles, Gauguin regresou a París, onde o seu interese polas formas da arte popular acrecentouse por vía da súa amizade co xove artista [[Émile Bernard]]. De resultas das súas propias experiencias na Martinica e do aporte teórico de Bernard ía xurdi-lo [[sintetismo]], estilo persoal caracterizado pola representación non imitativa e a separación da imaxe pictórica en zonas de cor fortemente contrastadas e a miúdo delineadas en negro ("cloisonne" inspirado nos [[vitral|vitrais]] das igrexas). Dito estilo, co seu rexeito frontal ó uso de trucos formais para recrea-la percepción visual, significou unha ruptura absoluta, dende o punto de vista conceptual, co impresionismo que outrora abrazara, razón pola cal é categorizado pola moderna historiografía da arte como postimpresionista (xunto con Van Gogh e Cézanne). Entre 1888 e 1891 viviu principalmente na [[Bretaña]], onde foi o referente principal da chamada [[Escola de Pont-Avén]] (nome dunha pequena localidade bretoa). Alí tivo como discípulos ó mencionado Bernard xunto [[Serusier]], [[Seguin]], [[Chmaillard]] que constituirían ó [[simbolismo]]), é nese tempo que adopta un debuxo sinxelo compensado por unha coloratura intensa disposta en planos masivos (tal cal se pode observar en ''O Cristo amarelo'').
 
En [[1891]] enfermo e tratando de eludir os seus endebedamentos marchou á [[Polinesia]], deste modo entre [[1891]] e [[1903]] efectuou longas estanzas en [[Tahití]] e as [[illas Marquesas]] alternadas con visitas a Francia entre [[1893]] e [[1895]], para tales anos o seu primitivismo foise temperando ó se abrir á influencia de neoclásicos como [[Ingres]] ou contemporáneos como o "[[nabi]]" [[Puvis de Chavannes]]. Este proceso correu da man dun crecente refinamento tonal e da presenza na súa produción dunha aura onírico-poética que ende modoningún algúnmodo asemella reflecti-la enfermidade e os conflitos persoais -particularmente os seus enfrontamentos coas autoridades locais en defensa das comunidades indíxenas- que marcaron os últimos anos da súa vida. Durante o período final da súa obra nótase un rexeitamento á perspectiva e o uso de formas amplas e planas, intensificando a expresividade cromática. Na Polinesia anticipa a [[arte abstracta]]: simplifica aínda máis as composicións dando preponderancia á cor e á idea que a cor pode suxerir. Cara os últimos anos da súa vida formou parella e tivo fillos cunha xove das illas Marquesas, pero tamén contraeu [[lepra]], a súa pintura entón ínzase de inquedanzas metafísicas (''O espírito dos mortos obsérvanos''; ''¿De onde viñemos?, ¿que somos?, ¿onde imos?''; ''O ouro e o corpo''; ''Never morre''.), en [[1897]] tenta suicidarse, logo sobrevive practicamente na miseria cunha pequena pensión que dende París lle enviaba un marchante, en [[1901]] xa establecido definitivamente nas Illas Marquesas dedicouse a realizar esculturas "primitivas" (principalmente tallas e baixorrelevos en madeira). Faleceu na aldea de Atuona o 9 de maio de 1903.
 
== Obras principais ==