Stieg Larsson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
doutro
Moedagalega (conversa | contribucións)
*financieiro/a > financeiro/a.
Liña 1:
'''Karl Stig-Erland Larsson''', coñecido coma '''Stieg Larsson''', nado en Skelleftehamn, [[Condado de Västerbotten]], o [[15 de agosto]] de [[1954]] e finado en [[Estocolmo]] o [[9 de novembro]] de [[2004]], foi un xornalista e escritor [[Suecia|sueco]].
 
Acadou sona internacional trala súa morte, coa publicación da súa triloxía de novelas policíacas ''Millenium'', composta polos seguintes títulos: ''[[Män som hatar kvinnor]]'' (''Os homes que odiaban ásas mulleres''), ''[[Flickan som lekte med elden]]'' (''A rapaza que xogaba con lume'') e ''[[Luftslottet som sprängdes]]'' (''O castelo de aire que foi voado'').
 
==Traxectoria==
Stieg Larsson criouse na pequena comunidade de Norsjö, a uns 100&nbsp;km ao norte de Umeå<ref name = "Vidaeobra">[http://www.stieglarsson.com/Life-and-work Páxina web do autor (Vida e obra)]</ref> (o municipio aparece no primeiro volume da triloxía). Viviu cos seus avós ata a morte do seu avó en 1962<ref name=Vidaeobra/>. Entre 1977 e 1999 traballou coma deseñador gráfico para a axencia de noticias ''Tidningarnas Telegrambyrå (TT)''<ref name=Vidaeobra/>.
 
Militou na ''Kommunistiska Arbetareförbundet'' ([[Liga Comunista de Traballadores]]). Profundamente involucrado na loita contra o [[racismo]] e a ultradereita, participou a mediados dos anos 80 na fundación do proxecto antiviolencia ''Stop the Racism''. En 1995 foi un dos promotores da ''Fundación Expo'', adicada a ''"estudar e cartografar as tendencias antidemocráticas, de extrema dereita e racistas da sociedade"''<ref>[http://expo.se/about-expo.html Páxina oficial da Fundación]</ref>. Dende 1999 foi director da revista de dita fundación, tamén chamada ''"Expo"''<ref name=Vidaeobra/>. Escribiu varios libros de investigación periodística sobor dos grupos nazis do seu país e das conexións entre a extrema dereita e o poder político e financieirofinanceiro.
 
Stieg Larsson era asemade presidente da sociedade escandinava de ciencia ficción<ref name=Vidaeobra/>, xénero polo que tiña un grande interese.