Douglas DC-8: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
*financieiro/a > financeiro/a.
Liña 44:
 
=== Primeiros pedidos ===
Nese momento, o pensamento previo de Douglas sobre o mercado dos avións comerciais parecía facerse realidade; a transición das turbinas parecía que ía cara ás [[turbohélice]]s en vez de cara aos turborreactores. O pioneiro [[Vickers Viscount]] de 40-60 asentos xa estaba en servizo e fíxose enormemente popular entre os pasaxeiros e as aeroliñas: era moito máis rápido, silencioso e máis cómodo que os avións impulsados por motores de pistóns. Outro avión británico, o [[Bristol Britannia]] de 90 asentos, estaba conseguindo unha boa reputación, e o principal rival de Douglas nos grandes avións de pistóns, Lockheed, centrárase no turbohélice de curto/medio alcance e 80-100 asentos [[Lockheed L-188 Electra|Electra]], cun pedido inicial por parte de [[American Airlines]] de 35 exemplares. Mentres o Comet permanecía no chan, o prototipo do reactor francés de 90 asentos [[Sud Aviation Caravelle]] realizou o seu priomeiro voo, e o [[Boeing 707|707]] non estaría dispoñible ata [[1958]]. As principais aeroliñas amosábanse remisas a comprometerse co enorme reto financieirofinanceiro e técnico dos reactores.
 
As cousas comezaron a cambiar cando en outubro de [[1955]] [[Pan American]] realizou pedidos simultáneos de 20 [[Boeing 707]] e 25 Douglas DC-8. Mercar un caro e non probado tipo de reactor foi valente, pero mercar dous foi un feito inaudito. Nos últimos meses dese ano outras aeroliñas apresuráronse a seguir o seu exemplo: [[Air France]], [[American Airlines|American]], [[Braniff]], [[Continental Airlines|Continental]] e [[Sabena]] pediron o 707; [[United Airlines|United]], [[National Airlines|National]], [[KLM]], [[Eastern Air Lines|Eastern]], [[JAL]] e [[SAS]] elixiron o DC-8. En [[1956]] [[Air India]], [[BOAC]], [[Lufthansa]], [[Qantas]] e [[TWA]] engadiron 50 exemplares máis ao listaxe de pedidos do 707, mentres que Douglas vendeu 22 DC-8 a [[Delta Air Lines|Delta]], [[Swissair]], [[TAI]], [[Trans-Canada]] e [[UAT]]. A comezos de [[1958]] Douglas vendera 133 DC-8, contra 150 707 vendidos por parte de Boeing.