Stanley Kubrick: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: commonscat
Moedagalega (conversa | contribucións)
*financieiro/a > financeiro/a.
Liña 20:
 
== Traxectoria ==
Despois de rematar o instituto, comezou traballando como fotógrafo na cidade de [[Nova York]], e aprendeu de xeito autodidacta tódolos aspectos da produción e a dirección dun proxecto cinematográfico. Os seus primeiros filmes foron realizados cun orzamento axustado e foron seguidos por un grande éxito en [[Hollywood]], ''[[Spartacus]]'', despois do cal pasou o resto da súa carreira profesional vivindo e rodando no [[Reino Unido]]. A súa casa en [[Childwickbury Manor]] en [[Hertfordshire]] converteuse no seu lugar de traballo, onde el realizaba guións, investigación, edición e gestión dos detalles de produción. Isto permitíalle ter un case completo control artístico, mais coa rara vantaxe de contar co apoio financieirofinanceiro dos principais estudios de Hollywood.
 
Moitos dos seus traballos abriron novos vieiros na cinematografía, entre os que destaca ''[[2001: A Space Odyssey]]'' (1968), un filme de ciencia ficción que introduciu innovacións nos efectos visuais e realismo científico.<ref>[[Giulio Angioni]], ''Fare dire sentire: l'identico e il diverso nelle culture'' (2011), p. 37 and ''Un film del cuore'', in ''Il dito alzato'' (2012), pp. 121–136</ref> Para ''[[Barry Lyndon]]'' (1975), Kubrick obtivo lentes desenvolvidas por Zeiss para a NASA co fin de filmar escenas con luz de candeas, e ''[[The Shining]]'' (1980) foi unha das primeiras longametraxes en usar o [[Steadicam]] para estabilizar a dotar as tomas de fluidez. Na súa traxectoria é destacábel que dirixiu, produciu e escribiu a totalidade ou parte dos guións de case tódolos seus filmes.