Gastroenterite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrección do xénero da palabra "auga".
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrección do xénero da palabra "leite".
Liña 72:
A [[artrite reactiva]] ocorre nun 1 % das persoas logo de sufrir infeccións pola especie ''Campylobacter'' e a [[síndrome de Guillain-Barré]] ocorre no 0,1%.<ref name=Bact2007/> A [[síndrome urémico hemolítico]] (SUH) pode presentarse como resultado da infección con [[Toxina Shiga|toxinas Shiga]] que producen as especies ''Escherichia coli'' ou ''Shigella'' e provocan [[trombocitopenia|conteo baixo de plaquetas]], [[insuficiencia renal|funcionamento deficiente dos riñóns]] e [[anemia hemolítica|conteo baixo de glóbulos vermellos]] (debido a súa descomposición).<ref name=BMJ2007/> Os nenos teñen maior predisposición a contraer SUH que os adultos.<ref name=M93/> Algunhas infeccións virais poden producir [[epilepsia|ataques infantís benignos]].<ref name=EBMED2010/>
== Diagnóstico ==
Polo xeral, a gastroenterite diagnosticase clínicamente en base aos sinais e síntomas da persoa. Non sempre é necesario determinar a causa exacta xa que iso non cambia o manexo da enfermidade.<ref name=Web09/> Con todo, deberíase realizar un [[Coprocultivo|cultivo de materia fecal]] naqueles que presentan sangue nas feces, aqueles que estiveron expostos a unha [[intoxicación alimentaria]] e aqueles que viaxaron recentemente a un país en vías de desenvolvemento.<ref name=Eck2011/> Tamén se poden realizar exames de diagnóstico por control. Xa que o 10 % dos bebés alimentados con leite maternamaterno e cativos pequenos desenvolven [[hipoglicemia]], recoméndase medir a [[glucosa]] sérica nesta poboación. Ademais deberíase comprobar o nivel de [[electrólito]]s e a [[creatinina|función renal]]<ref name=Tint10/> cando existe a preocupación dunha deshidratación aguda.<ref name=Webb2005/>
=== Deshidratación ===
Unha parte importante da avaliación é determinar se a persoa sofre ou non de [[deshidratación]]. Polo xeral, a deshidratación divídese en leve (3-5 %), moderada (6-9 %), e aguda (>10 %).<ref name=EBMED2010/> Nos nenos, os sinais máis precisos de deshidratación moderada ou aguda son un [[enchido capilar]] prolongado, unha [[turxencia cutánea]] deficiente e unha respiración anormal.<ref name=Tint10/><ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Steiner|nome=MJ|autor2=DeWalt, DA, Byerley, JS|título=Is this child dehydrated?|revista=JAMA : the Journal of the American Medical Association|data=2004 xuño 9|volume=291|número=22|páxinas=2746–54|pmid=15187057|doi=10.1001/jama.291.22.2746}}</ref> Outros achados útiles (cando se utilizan en combinación) inclúen: [[Enoftalmia|ollos afundidos]], diminución da actividade, falta de bágoas e boca seca.<ref name=EBMED2010/> A produción normal de ouriña e a inxestión oral de líquidos sen os vomitar de inmediato son síntomas tranquilizadores.<ref name=Tint10/> Os exames de laboratorio teñen pouco beneficio clínico á hora de determinar o grado de deshidratación.<ref name=EBMED2010/>
Liña 85:
Para reducir as taxas de infección e a gastroenterite clínicamente significativas é importante ter fácil acceso a un fornezo de auga non contaminada e boas prácticas de saneamento.<ref name=M93/> Descubriuse que as medidas persoais (como o [[lavado de mans]]) reducen ata un 30 % a incidencia e taxa de prevalencia da gastroenterite nos países desenvolvidos e en vías de desenvolvemento.<ref name=Tint10/> Os xeles con alcohol tamén poden ser eficaces.<ref name=Tint10/> A [[lactancia materna]] é importante, en especial naqueles lugares cunha hixiene deficiente, así como a mellora da hixiene en xeral. O leite materno reduce tanto a frecuencia das infeccións como a súa duración. Evitar os alimentos ou bebidas contaminadas tamén debería ser efectivo.
=== Vacinación ===
Grazas a súa efectividade e seguridade, a Organización Mundial da Saúde recomendou no ano 2009 que a [[Rotavirus#Vacina|vacina contra o rotavirus]] se ofreza a todos os nenos a nivel mundial.<ref name=Sz2010/><ref name=WHORota2009>{{cita publicación periódica|autor=World Health Organization|título=Rotavirus vaccines: an update|publicación=Weekly epidemiological record|data=decembro do 2009|volume=51–52|número=84|páxinas=533–540|url=http://www.who.int/wer/2009/wer8451_52.pdf|dataacceso=10 de xullo do 2016 |lingua=es}}</ref> Na actualidade existen dúas vacinas comerciais contra o rotavirus e varias máis están en desenvolvemento.<ref name=WHORota2009/> En África e Asia estas vacinas reduciron a enfermidade aguda entre os bebés alimentados con leite maternamaterno<ref name=WHORota2009/> e os países que puxerón en funcionamento programas nacionais de vacinación viron unha diminución nas taxas e no nivel de gravidade da enfermidade.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Giaquinto|nome=C|autor2=Dominiak-Felden G, Van Damme P, Myint TT, Maldonado YA, Spoulou V, Mast TC, Staat MA|título=Summary of effectiveness and impact of rotavirus vaccination with the oral pentavalent rotavirus vaccine: a systematic review of the experience in industrialized countries|publicación=Human Vaccines|data=xullo do 2011|volume=7|series=7|páxinas=734–748|url=http://www.landesbioscience.com/journals/vaccines/article/15511/?nocache=1111012137|dataacceso=10 de maio de 2012|doi=10.4161/hv.7.7.15511|pmid=21734466}}</ref><ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Jiang|nome=V|autor2=Jiang B, Tate J, Parashar UD, Patel MM|título=Performance of rotavirus vaccines in developed and developing countries|publicación=Human Vaccines|data= xullo do 2010|volume=6|número=7|páxinas=532–542|url=http://www.landesbioscience.com/journals/vaccines/article/11278/?nocache=531156378|dataacceso=10 de maio de 2012 | pmid = 20622508 }}</ref> Esta vacina tamén pode axudar a previr a enfermidade nos nenos non vacinados ao reducir o número de infeccións en circulación.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Patel|nome=MM|autor2=Steele, D, Gentsch, JR, Wecker, J, Glass, RI, Parashar, UD|título=Real-world impact of rotavirus vaccination.|publicación=The Pediatric Infectious Disease Journal|data=xaneiro do 2011|volume=30|número=1 Suppl|páxinas=S1-5|pmid=21183833|doi=10.1097/INF.0b013e3181fefa1f}}</ref> Desde o ano 2000, a posta en funcionamento do programa de vacinación contra o rotavirus en Estados Unidos reduciu considerablemente o número de casos de diarrea, ata un 80 por cento.<ref name="CDC Rota">{{cita publicación periódica|autor=US Center for Disease Control and Prevention|título=Delayed onset and diminished magnitude of rotavirus activity—United States, November 2007 – May 2008|publicación=Morbidity and Mortality Weekly Report|ano=2008|volume=57|número=25|páxinas=697–700|url=http://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/mm5725a6.htm|dataacceso=3 de maio de 2012}}</ref><ref>{{cita publicación periódica|título=Reduction in rotavirus after vaccine introduction—United States, 2000–2009 |publicación=MMWR Morb. Mortal. Wkly. Rep. |volume=58 |número=41 |páxinas=1146–9 |data=outubro do 2009 |pmid=19847149|url=http://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/mm5841a2.htm}}</ref><ref>{{cita publicación periódica|apelido=Tate|nome=JE|autor2=Cortese, MM, Payne, DC, Curns, AT, Yen, C, Esposito, DH, Cortes, JE, Lopman, BA, Patel, MM, Gentsch, JR, Parashar, UD|título=Uptake, impact, and effectiveness of rotavirus vaccination in the United States: review of the first 3 years of postlicensure data.|publicación=The Pediatric Infectious Disease Journal|data=2011 Jan|volume=30|número=1 Suppl|páxinas=S56-60|pmid=21183842|doi=10.1097/INF.0b013e3181fefdc0}}</ref> A primeira dose da vacina débese dar aos bebés alimentados con leite maternamaterno entre as 6 e 15 semanas de idade.<ref name=Sz2010/> Descubriuse que a [[Cólera#Vacinaci.C3.B3n|vacina oral contra o cólera]] ten unha efectividade de entre o 50 e o 60 % logo de 2 anos.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Sinclair|nome=D|autor2=Abba, K, Zaman, K, Qadri, F, Graves, PM|título=Oral vaccines for preventing cholera.|publicación=Cochrane database of systematic reviews (Online)|data=marzo do 2011 16|número=3|páxinas=CD008603|pmid=21412922|doi=10.1002/14651858.CD008603.pub2}}</ref>
==== Investigación doutras vacinas====
Hai varias [[vacina]]s contra a gastroenterite en desenvolvemento. Por exemplo, vacinas contra a Shigella e a «Escherichia coli» enterotoxigénica (ETEC), dúas das principais causas bacterianas da gastroenterite en todo o mundo.<ref name="WHO ETEC">{{cita web|autor=World Health Organization|título=Enterotoxigenic Escherichia coli (ETEC)|url=http://www.who.int/vaccine_research/diseases/diarrhoeal/en/index4.html|obra=Diarrhoeal Diseases|dataacceso=6/06/2015 |lingua=inglés}}</ref><ref name="WHO Shig">{{cita web|autor=World Health Organization|título=Shigellosis|url=http://www.who.int/vaccine_research/diseases/diarrhoeal/en/index6.html|obra=Diarrhoeal Diseases|dataacceso=6/06/2015}}</ref>