Tetraoninos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 53:
Nos últimos anos as tres especies da tundra mantiveron as súas poboacións anteriormente coñecidas. As especies de pradería e de bosque declinaron moito debido á perda de hábitat, aínda que as aves de caza máis populares como a ''[[Lagopus (lagopus) scoticus]]'' e a ''[[Bonasa umbellus]]'' se beneficiaron da boa xestión do hábitat. A maioría das especies están clasificadas nas listas da [[IUCN]] como en situación "menos preocupante" ou "case ameazadas", pero as ''[[Tympanuchus cupido]]'' e ''[[Tympanuchus pallidicinctus]]'' son consideradas "vulnerables" e a ''[[Centrocercus minimus]]'' considérase "en perigo". Algunhas subespecies, como a ''Tympanuchus cupido attwateri'' e a ''Tetrao urogallus cantabricus'' (que é a subespecie de [[pita do monte]] que vive en Galicia), e algunhas poboacións nacionais e rexionais están tamén en perigo.<ref name=Firefly/>
 
== DimosfismoDimorfismo do tamaño dos sexos ==
=== Selección do tamaño dos machos ===
 
Liña 59:
 
=== Selección do comportamento de apareamento ===
[[Ficheiro:Capercaillie Lomvi 2004.jpg|miniatura|dereita|Macho de [[pita do monte]] exhibindose.]]
 
Os machos presentan un comportamento de exhibición no cal se xuntan moitos machos nunha área e realizan exhibicións para atraer as femias.<ref name=Fiske>{{cite journal|last1=Fiske|first1=Peder|last2=Rintamaki|first2=Pekka|last3=≈Karvonen|first3=Eevi|title=Mating success in lekking males: a meta-analysis|journal=Behavioral Ecology|date=1998|volume=9|issue=4|pages=328–338|doi=10.1093/beheco/9.4.328}}</ref> As femias escollen selectivamente entre os macos presentes elixindo os trazos que elas consideran máis atractivos.<ref name="Fiske"/> Os machos fan dous tipos de exhibicións: a de lek típico e a de lek explotado.<ref name=ssd /> Na de lek típico, os machos exhíbense en pequenas áreas, e na de lek explotado, as exhibicións fanse en áreas que non teñen moitos recursos para as femias.<ref name=ssd /> Os machos poden tamén competir entre eles polo acceso á femias mediante a territorialidade, na cal un macho defende un terriotorio que ten recursos que as femias necesitan, como alimentos ou bos sitios para aniñar.<ref name=ssd /> Estas diferenzas nos sistemas de apareamento no comportamento dos machos explican a evolución do tamaño corporal destas aves.<ref name=ssd /> Os machos das especies territoriais son menores que os das especies que utilizan leks explotados, e os machos de especies que usan leks típicos son os máis grandes de todos.<ref name=ssd /> Os machos que teñen un comportamento de buscar parella en leks, e teñen que competir con outros machos polas femias para que estas os escollan, teñen un maior dimorfismo sexual no tamaño.<ref name=Soulsbury>{{cite journal|last1=Soulsbury|first1=Carl D|last2=Kervinen|first2=Matti|last3=Lebigre|first3=Christophe|title=Sexual size dimorphism and the strength of sexual selection in mammals and birds|journal=Evolutionary Ecology Research|date=2014|volume=16|pages=63–76|accessdate=1 October 2015}}</ref> Isto apoia a hipótese de que a selección sexual afecta ao tamaño corporal dos machos e tamén dá unha explicación de por que algunhas especies de tetraoninos teñen unha diferenza máis drástica entre os tamaños de machos e femias que outras.