Vendima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m imaxes procedentes de Commons. Son da vendima en Borgoña, cómpren imaxes da vendima en Galicia
Lameiro (conversa | contribucións)
algunha corrección e "A vendima na cultura popular"
Liña 3:
 
 
RecollidaA da'''vendima''' é a acción de recoller a [[uva]] para colleitala coma [[alimento]] ou materia prima para o [[viño]], así coma a época do [[ano]] na que se realiza. A época da vendima coincide co final do [[verán]], habitualmente no [[mes]] de [[agostosetembro]], pero non é igual en tódalas rexións. Nos vales interiores de [[Galicia]] ([[Ribeira Sacra]], [[Valdeorras]]) a colleita fáisefaise máis cedo (?finais de [[agosto]]) debido a que o maior calor [[verán|estival]] do interior continental permitelle ás uvas madurecer antes. A época xeral tamén depende do clima dese ano, pois un verán de calor pode adiantar a vendima mentres que un verán chuvioso ou frío pode estragar a colleita. Certas tradicións tamén teñen en conta o cuarto da [[lúa]] para decidir a data da vendima. Fóra de [[Galicia]] existe unha variedade de viño chamada ''viño de xelo'' que se colleita de noite, cando as uvas aínda están conxeladas ou moi frías do [[orballo]], o cal modifica a súa maduración e gradación alcólica.
 
=== Variantes ===
A vendima máis habitual é para o viño e é unha actividade altamenteeminentemente social, pois normalmente realízase en grupos. Ás veces son as amizades do dono e ás veces os veciños ós que axudan, tanto na decota dos [[acio]]s como no transporte ou presada no [[lagar]], que tradicionalmente se fai pisando cos pés descalzos.
 
Existen variacións verbosverbo dos métodos de transporte ou actuación na vendima, pero cómpre destacar pola súa singularidade o da Ribeira Sacra: as súas fortes pendentes no [[canón do Sil]], o método de cultivo da [[vide]] en bancais (terrazas) e a dificultade de acceso fan desta vendima singular entre tódalas galegas. O sistema de cultivo da uva ten unha forte influencia na recolla: non é o mesmo unhas vides em[[parra|emoarradas]]das ca en [[tocón]]s. Outras vendimas colectivas foron institucionalizadas nunha [[festa gastronómica]] en exaltación do viño correspondente.
 
=== Actividade produtiva ===
Liña 20:
=== Actividade social ===
O duro e o longo do traballo (tanto de recolla baixo o sol ou chuvia coma de transporte) provocan un forte contacto grupal e desenvolven unha concienciación de grupo como pode xurdir noutras actividades do mundo tradicional ([[fía]] ou [[fiadeiro]], [[espadela]], [[malla]], [[pesca]], [[sementeira]], [[sega]], etc.). A actividade da vendima marca os ciclos do agro na época estival e mesmo se lle chega a chamar ''sega'' ó mes de agosto cando se seitura e se realiza a vendima.
 
==A vendima na cultura popular==
===Refraneiro===
* A viña de Guimerans, trabállana cen homes e vindímana dous cans.
* Agosto a madura e setembro vendima a uva.
* Agosto e vendima non son cada día.
* Agosto e vendima non son cada día, e si cada ano, us con proveito e outros con dano.
* Agosto madura e setembre vindima as uvas.
* Coida a viña e terás vendima.
* Collerás viño e mosto se vendimas enxoito.
* Collerás viño mosto se vendimas enxoito.
* En setembro vendima correndo.
* En tempo de vindima, auga do ceo mala, pero da fonte boa é.
* Mandar rapaces á vendima é cousa perdida.
* Na viña vendimada calquera pode ir vendimar.
* Non por moito vendimar se enche o lagar.
* Non por moito vendimar vai enche-lo lagar.
* O medo garda a viña, e non quen a vendima.
* O meu veciño ten unha viña, el a cava, el a bima, el a vendima.
* O que en marzo non poda a viña perde a vendima.
* O que en marzo non poda perde a vendima toda.
* O que en ruín lugar pon a viña, ó lombo saca a vendima.
* O que non bima, non vindima.
* Poda en marzo, vendima no regazo.
* Poda en xaneiro, vendima no sombreiro.
* Pola Virxe do Portal pon a xente a vendimar.
* Polas vendimas vende as túas galiñas, pola Navidade vólveas a mercar.
* Polo San Mateu cada un vendima o seu.
* Polo San Mateu, vendima ti, vendimo eu.
* Polo San Miguel mete as uvas no tonel.
* Polo San Nicolás, as uvas vendimarás.
* Polo San Xenaro, vendimas pró carro.
* Polo San Xoán á sardiña, e en setembro á vendima.
* Polo tempo da vendima moito canta a rapaciña.
* Por San Mateu vindima ti, vindimo eu.
* Por San Simón e San Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
* Por Santa Mariña mira a túa viña, así como a verás, así vendimarás.
* Quen co demo cava a viña, co demo a vendima.
* Quen en marzo non poda a súa viña perde a vendima.
* Vendima enxoito se queres coller bo mosto.
* Vendima no regazo aquel que poda no marzo.
 
===Cantigueiro===
* Acabáronse as vendimas, / aí veñen as esfolladas/ para comer coas nenas/ catro castañas asadas.
* Acabáronse as vendimas / e veñen as esfolladas / para comer coas mociñas / catro castañas asadas.
* Os amores que ti tes / sonche os que eu olvidei: / ¡andas apañando os bagos / da viña que eu vendimiei!
 
[[Category:gastronomía]]