Diferenzas entre revisións de «Acuario (recipiente)»

Corrección do xénero da palabra "auga".
(Corrección do xénero da palabra "auga".)
Ademais das bacterias, as plantas acuáticas tamén eliminan os refugallos nitroxenados metabolizando o amoníaco e os nitratos. Cando as plantas metabolizan compostos do [[nitróxeno]], eliminan o nitróxeno da auga, utilizándoo para [[construír]] [[biomasa]]. Con todo, isto é soamente temporal, xa que as plantas volven expulsar o nitróxeno á auga cando as follas vellas se descompoñen, por exemplo.
 
Aínda que informalmente se lle chama ciclo do nitróxeno, é de feito soamente unha parte dun ciclo maior: débese engadir nitróxeno ó sistema (normalmente a través da comida proporcionada ós habitantes do depósito), e os nitratos acumúlanse nona auga ó final do proceso (ou contribuír a un crecemento en [[biomasa]] mediante o metabolismo das plantas). Na práctica, esta acumulación de nitratos nos acuarios caseiros esixe que o coidador do acuario realice cambios periódicos de auga, sacando a auga alta en nitratos e substituíndoa por auga baixa en nitratos.
 
Os acuarios dos afeccionados a miúdo non conteñen as poboacións necesarias de [[bacteria]]s necesitadas para limpar os refugallos nitroxenados dos habitantes do depósito. Este problema soluciónase a través de dúas filtracións: Os filtros de carbono activo absorben os compostos do nitróxeno e outras toxinas da auga, mentres que os filtros biolóxicos proporcionan un medio especialmente deseñado para a colonización polas bacterias nitrificantes desexadas.
19.912

edicións