Comuñón anglicana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro interwiki
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31:
Estes catro elementos establecen para os anglicanos unha orde de prioridades nos costumes e tradicións eclesiásticas, así, a [[Virxe María]], Nai do noso Señor Xesucristo, é recoñecida como "Bendita entre as Mulleres", "Benvida por todas as xeracións" (conforme ao [[Evanxeo de Lucas|Evanxeo segundo San Lucas]]), e outórgaselle unha [[Hiperdulía|veneración]] máis ou menos intensa, segundo a tradición local que, no entanto, xamais compite coa [[Adoración (relixión)|adoración]] que só se tributa a Deus: ao Pai, polo Fillo, no [[Espírito Santo]].
 
Entre os anglicanos non existe unha veneración de santos propiamente dita; así a todo, na medida en que a Igrexa, como Pobo de Deus, é Santa, todos os seus membros bautizados o son, non polos seus merecementos morais, senón en virtude da súa vocación. Con todo, a Igrexa honra a Deus e dálle grazas «pola Graza depositada nos seus santos, que foron luces do mundo na súa propia xeración»; deste xeito, é posible honrar, dentro da liturxia, e con arranxo asegundo un Calendario Eclesiástico, aos bautizados que foron ''heroes da fe''.
 
Nas igrexas anglicanas existen diversas imaxes: [[icona (arte)|iconas]], [[retablo]]s, conxuntos [[escultura|escultóricos]] e, sobre todo, [[vitrais]]; con todo, nos ambientes anglicanos adoita establecerse unha clara diferenza entre utilizar imaxes no culto (práctica xeralmente aceptada), a render culto, de calquera índole, ás imaxes. Este criterio distingue ao anglicanismo tanto das tradicións protestantes, como das católico romanas e ortodoxas, no que ao tratamento das imaxes relixiosas se refire.