Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero da palabra "eclipse". Ligazón interna.
Liña 227:
Atenas veuse nun dilema: se apoiaba a Corcira, conseguía un grande aliado e un aumento da súa influencia, ao se atraer unha potencia marítima como Corcira, que ademais dominaba as rotas marítimas cara a Sicilia e a Magna Grecia do sur de Italia. Pero tiña o inconveniente de se enfrontar a Corinto e rachar co espírito da [[paz dos Trinta Anos]]. Decidiuse por unha solución intermedia, que consistiu en enviar unha frota de disuasión e observación, pero non disposta a combater. O enfrontamento produciuse no estreito entre Corcira e o continente, pero a presenza da frota ateniense non lle permitiu á frota corintia unha vitoria que xa tiña nas mans.
 
Corintio non renunciou ao desquite e decidiu fustrigar aos atenienses moi lonxe, na [[península da Calcídica]], alentando a sublevación e a separación da Confederación. O levantamento de [[Potidea]] foi o primeiro que se produciu en toda a península, que estalou en contra de Atenas. A reacción de Pericles foi o envío dunha expedición de castigo que venceu aos potideos e seus aliados os corintios. De novo, este fracaso levou a Corinto a concibir o propósito de arrastrar consigo a toda a [[Liga do Peloponeso]] en contra de Atenas.
 
O rei [[Arquídamo]] de Esparta non estaba por entrar na guerra, pero a Asemblea considerou que Atenas incumprira a Paz dos Trinta Anos e tras a consulta co oráculo de Delfos, dispúxose a entrar en guerra, non sen antes tentar de negociar con Atenas. Pericles negouse a aceptar as condicións, que na práctica supuñan o desmantelamento da Confederación, e todo o mundo grego preparouse para guerra, aliñándose nun ou outro bando.
Liña 301:
 
=== A fugaz hexemonía de Tebas ===
OA eclipse de Esparta foi aproveitadoaproveitada por Atenas para relanzar a construción do seu imperio marítimo. Os membros da Liga do Peloponeso, xa ceibes do control espartano, implantaron réximes de signo democrático.
 
Á fronte de Tebas situáronse dous estrategos de gran valía: [[Epaminondas]] e [[Pelópidas]]. O primeiro levou a guerra ao corazón do Peloponeso, para render os derradeiros redutos fieis a Esparta. A situación fíxose tan insostíbel que buscou nos seus seculares inimigos, os atenienses, como aliados coa esperanza de que estivesen temerosos da supremacía de Tebas. Estes enviaron ao Peloponeso as tropas que se limitaron a interromper as súas liñas de subministración, e o exército tebano veuse na obriga de se retirar cara á súa cidade.