Espectroscopia astronómica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero da palabra "eclipse".
Liña 59:
No 1868, [[Joseph Norman Lockyer|Sir Norman Lockyer]] observou fortes liñas amarelas no espectro solar que non vira nunca en experimentos no laboratorio. Deduciu que debía tratarse dun elemento descoñecido, ó que chamou [[helio]], do grego '''helios''' (sol). O helio non foi detectado de xeito inequívoco na Terra ata 25 anos despois.
 
Na mesma década detectáronse liñas de emisión (unha verde, en particular) no espectro [[corona]]l durante osas eclipses solares que non tiña correspondencia con ningunha liña espectral coñecida. De novo propúxose que isto era debido a un elemento descoñecido, denominado [[coronio]] de xeito provisorio. Non foi ata a década de 1930 que se descubriu que estas liñas proviñan de [[ferro]] e [[níquel]] moi ionizados, ionización debida ás temperaturas extremas da coroa solar.
 
En conxunto coa física atómica e os modelos de [[evolución estelar]], a espectroscopia estelar usase actualmente para determinar unha multitude de propiedades estelares: a súa distancia, idade, luminosidade e taxa de perda de masa pódense estimar mediante estudos espectrais, e os estudos sobre [[efecto Doppler]] poden descubri-la presencia de compañeiros ocultos tales coma [[Burato negro|buratos negros]] e [[exoplaneta]]s.