Illa Grande da Terra do Fogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Clima: arranxiño
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 66:
En canto á poboación pre-europea, o arquipélago fueguino está habitado polo ''[[Homo sapiens sapiens]]'' desde fai uns 10.000 anos. O primeiro poboamento foi obra de [[paleoamericano]]s, os cales serían os devanceiros dos [[yámana]]s, os [[mánekenk]]s e quizais parcialmente dos [[kawéskar]], vulgarmente chamados ''alacalufes''.
 
Os yámanas habitaban principalmente na rexión oriental, os kawéskar nas abruptas e anfractuosas costas occidentais. Cara ao século XIV unha etnia do conxunto [[amerindio]], do subconxunto [[pámpido]] e da liñaxe dos [[patagón]]s, os [[onapobo selk'nam|onas]]s, ingresaron a Terra do Fogo. Esta nova poboación instalouse principalmente na rexión esteparia (aproximadamente a metade norte do arquipélago), pasando a ser a etnia [[pobo selk'nam|selknam]]; unha liñaxe do conxunto ona accedeu ao extremo sueste do territorio mixoxenizándose cos yámanas, dando orixe deste xeito á etnia [[manneken]] ou [[manekenken]], coñecida vulgarmente como "aush".
 
A inmensa maioría da poboación orixinaria da illa pereceu a fins do [[século XIX]] e inicios do [[século XX]], vítima principalmente dunha campaña de exterminio lanzada polos estancieros patagónicos. Actualmente un número de descendentes dos fueguinos habitan nela.