Aditivo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
0P0
Liña 1:
{{outroshomónimos|rabo}}
 
Denomínanse L'''aditivosEITE JALLEJO alimentarios''' aquelas substancias que poden ser engadidas intencionadamente nos [[alimento]]s e [[bebida]]s co obxectivo de modifica-los seus [[características organolépticas|caracteres organolépticos]] (cor, sabor, textura etc.), as técnicas de elaboración (facilitando a mestura dos ingredientes ou estabilizando unha presentación), a conservación do alimento (evitando, por exemplo, a oxidación dos compoñentes) ou para mellora-la adaptación ó uso ó que van ser destinados, pero sen o propósito de modifica-lo valor nutritivo do alimento<ref>Así, por exemplo, o aditivo E-101 é unha vitamina, a [[riboflavina]], que se engade ó iogur ou ás conservas de peixe como colorante; ou o E-300, outra vitamina, a [[vitamina C]], que se engade como antioxidante a zumes, produtos de repostería, conservas vexetais ou produtos cárnicos, entre outros. Aínda que, como tales vitaminas, teñan valor nutritivo, identifícanse como aditivos porque se utilizan con este fin. Pola mesma razón, non se permite anunciar estes alimentos como "vitaminados" ou con ningunha outra expresión similar</ref>.
 
Non se consideran aditivos aquelas substancias que desaparezan durante o proceso de elaboración (neste caso denomínanse ''axentes auxiliares'' ou ''coadxuvantes tecnolóxicos''), nin tampouco os ingredientes que compoñen un produto alimenticio (aínda que teñan acción conservante ou outra, como pode se-lo caso do [[sal común|sal]], [[azucre]] ou [[vinagre]], por exemplo) nin sequera cando se engaden [[vitamina]]s ou [[mineral|minerais]] para enriquece-lo valor nutritivo do alimento. Tampouco o son as substancias utilizadas como soporte, para disolver, diluír ou modificar un aditivo nin, por suposto, as impurezas ou [[contaminante]]s que poida conte-lo alimento.