Mesoamérica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
O desenvolvemento de Mesoamérica estendeuse por varios séculos. Os especialistas discuten sobre a época que pode considerarse o «inicio» da civilización mesoamericana. De acordo con algunhas posturas, o fito inicial consiste no desenvolvemento da [[olaría]]. Outros consideran que o primeiro complexo mesoamericano desenvólvese entre os séculos [[século -XV|XV]] e [[século -XII|XII a. C.]], período contemporáneo á [[cultura olmeca]]. Ao longo da súa historia, os pobos mesoamericanos construíron unha civilización cuxas expresións falan de elementos compartidos por varios pobos e trazos que os distinguen entre si. Na medida que avanzou o proceso civilizatorio, algúns trazos homogeneizaronse polo contacto interétnico e outros adquiriron especificidade en certos contextos. Este proceso foi continuo e perduró ata a [[colonización española de América|colonización española]]. Algúns autores empregan indistintamente os nomes [[Lingua náhuatl|nahuas]] para describir obxectos e conceptos orixinais de Mesoamérica.<ref>Neste caso atópanse obras como López Austin e López Luján (1996), na que os autores aclaran que adoptan estes nomes por comodidade.</ref> e outros destacan as diferenzas entre os pobos da rexión.<ref>O estudoso da [[lingua maia]] [[Michael D. Coe]] (1996) destaca a tal grado as particularidades da [[cultura maia]] que podería parecer que cando se refire a «México» está falando dunha realidade moi distinta á da zona maia, aínda que ambos formaron parte de Mesoamérica.</ref>
 
A maior parte dos pobos mesoamericanos falaron linguas pertencentes ás seguintes familias lingüísticas: [[Linguas otomangues|otomangueana]], [[Linguas maias|maias]], [[linguas mixe-zoqueanas|mixezoqueana]], [[linguas totonacanas|totonacana]] e [[linguas uto-aztecas|utoazteca]]. Outras linguas están illadas ou non puideron ser clasificadas porque desapareceron no proceso de [[castelanización]] que comezou coa colonización española e continúa ata a data. Este mosaico de linguas e etnias estivo presente durante a época prehispánica e ten o seu correlato nas numerosas culturas indíxenas que se desenvolveron en diversas zonas e tempos de Mesoamérica, entre as cales as máis estudadas foron a [[mexica]], a [[cultura maia|maia]], a [[teotihuacan]]a, a [[cultura zapoteca|zapoteca]], a [[cultura mixteca|mixteca]], a [[cultura olmeca|olmeca]] ou a [[culturapobo tarascapurépecha|tarasca]]. Malia a concentración de estudos que se deron no caso desas importantes culturas, Mesoamérica foi escenario de moitos pobos, algúns dos cales apenas comezarón a ser investigados a partir de excavaciones recentes.
 
== Sumario ==