Diferenzas entre revisións de «Heavy metal»

sen resumo de edición
m ({{Artigo de calidade}})
|ligazóns =
}}
O '''heavy metal''' ([[lingua inglesa|{{AFIIPAc-en|ˈ|h|ɛ|v|ɪ|[ˈhevɪ ˈmetl]|ˈ|m|ɛ|t|l}}]]) é un xénero musical<ref>{{Cita libro|título=Metal Rules the Globe: Heavy Metal Music Around the World|lingua=en|nome1=Jeremy|apelidos1=Wallach|nome2=Harris M.|apelidos2=Berger|nome3=Paul D.|apelidos3=Greene|editorial=Duke University Press|ano=2011|isbn=9780822347330|páxina=38}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Metal, Rock, and Jazz: Perception and the Phenomenology of Musical Experience|lingua=en|nome=Harris M.|apelidos=Berger|editorial=Wesleyan University Press|ano=2011|isbn=9780819571823|páxina=312}}</ref> derivado do [[música rock|rock]] a finais dos anos 1960 e comezos dos 1970,<ref>{{Harvnb|Du Noyer|2003|p=96}}</ref> principalmente nos [[Estados Unidos de América]] e no [[Reino Unido]].<ref>{{Harvnb|Weinstein|2009|pp=14, 118}}</ref> Partindo do [[blues]] e o [[rock psicodélico]],<ref name=fast/> os grupos pioneiros do heavy metal desenvolveron un son máis marcado e profundo caracterizado por unha [[distorsión (música)|distorsión]] amplificada, solos de [[guitarra eléctrica|guitarra]] e ritmos enerxéticos. As letras e actuacións dos grupos de heavy metal adoitan asociarse coa [[masculinidade]] e agresividade.<ref name=fast>{{Cita libro|apelidos=Fast|nome=Susan|ano=2005|capítulo=Led Zeppelin and the Construction of Masculinity|título=Music Cultures in the United States|nome-editor=Ellen|apelidos-editor=Koskoff|editorial=Routledge|ISBN=0-415-96588-8|páxinas=89–91}}</ref><ref>{{Harvnb|Weinstein|2009|pp=7, 8, 23, 36, 103, 104}}</ref>
 
Os primeiros grupos considerados dentro do heavy metal, como [[Led Zeppelin]], [[Black Sabbath]] e [[Deep Purple]], atraeron grandes audiencias malia ser criticados habitualmente nos medios de comunicación, e a mediados dos anos 1970 [[Judas Priest]] supuxo un estímulo na evolución do xénero ao descartar gran parte da influencia do [[blues]].<ref name="Walser 1993, p. 6">{{Harvnb|Walser|1993|p=6}}</ref><ref>{{Cita libro|apelidos=Bowe|nome=Brian J.|título=Judas Priest: Metal Gods|ISBN=9780766030299|data=2009|editorial=Enslow Publishers, Inc.}}</ref> Outros grupos como [[Motörhead]] introduciron características do [[punk rock]] incrementando a énfase na velocidade e a finais da década de 1970 os grupos da [[Nova Onda do Heavy Metal Británico]] como [[Iron Maiden]] e [[Saxon]] continuaron con esta evolución.