Soundgarden: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 62:
O [[10 de marzo]] Soundgarden anunciou á xente que introducira o seu enderezo electrónico que re-editarían o sinxelo "Hunted Down" coa canción "Nothing to Say" en vinilo de 7" o [[17 de abril]], só durante o "Record Store Day". Tamén publicaron "Spoonman" ao vivo nunha actuación de [[1996]] en Del Mar Fairgrounds, en [[San Diego, California]]. A banda realizaría o seu primeiro concerto dende [[1997]] o día [[16 de abril]] no Showbox at the Market da súa cidade natal, [[Seattle]]. Soundgarden sería cabeza de cartel na escisión dese ano do festival [[Lollapalooza]] o [[8 de agosto]].
 
''[[Telephantasm|Telephantasm: A Retrospective]]'', un novo recompilatorio de Soundgarden, foi empaquetado cos primeiros envíos do videoxogo ''Guitar Hero: Warriors of Rock'' e publicado o [[28 de setembro]] do [[2010]]. Esta era a primeira vez que un CD de música de venda aopolo por menormiúdo era empaquetado cun videoxogo, e fíxose unha semana antes de que o mesmo CD estivese dispoñible nas tendas, o día [[5 de outubro]]. Editouse tamén unha versión extendida de ''Telephantasm'' formada por 2 CDs e 1 DVD. Unha canción da banda non editada anteriormente, "Black Rain", estreouse no ''Guitar Hero'' e aparece no recompilatorio, e puido escoitarse nas radios a partir do [[10 de agosto]], converténdose no primeiro sinxelo da banda dende [[1997]]. O traballo acadou o status de disco de platino despois do seu primeiro día de vendas.
 
No mes de novembro do [[2010]] Soundgarden foi o segundo convidado musical no programa ''Conan'', sendo a súa primeira aparición en televisión en 13 anos. Ese mes tamén editaron o vinio de 7" "The Telephantasm" para o Black Friday Record Store Day. En marzo do [[2011]] a banda publicou o seu rimeiro álbum ao vivo, ''[[Live on I-5]]''.