Ciclamato: Diferenzas entre revisións

composto químico
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: right Os ciclamatos (sales de sodio do ácido ciclámico) foron descubertos en 1937 e comercializados nos USA nos anos 1960. '''Ciclamato''', '''E 952'''.éo n...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de xullo de 2007 ás 21:11

Os ciclamatos (sales de sodio do ácido ciclámico) foron descubertos en 1937 e comercializados nos USA nos anos 1960. Ciclamato, E 952.éo nome común do ciclohexilsulfamato. Inicialmente atribuíronselle efectos carcinóxenos, tanto ós ciclamatos como á ciclohexilamina (o seu principal metabolito). O ciclamato é ilegal nos EE.UU. (1969), Gran Bretaña (1970), Francia y Japón, pero actualmente é un aditivo autorizado polo parlamento Europeo, con restricións. O ciclamato é amplamente utilizado na industria alimentaria y farmacéutica como edulcorante. A inxesta máxima diaria (actual) é de 7 mg (anteriormente ó ano 2005 eran 11mg) / kg peso corporal.

Ficheiro:Cyclamate.gif

Historia

Esta substancia foi sintetizada por primiera vez en 1937, e utilizase como edulcorante artificial desde 1950. A partir de 1970, ante la sospeita de que podía actuar como canceríxeno e produtor de mutacións, prohibiuse o seu uso como aditivo alimentario en moitos países, entre eles EEUU, Xapón, Inglaterra e Francia.

É unhas 50 veces máis doce que a sacarosa, e ten un certo regusto desagradable, que desaparece cando se utiliza mesturado coa sacarina. É moi estable,sendo resistente á calor, ó pH ácido e ó pH alcalino. Esta propiedade faino útil para edulcorar bebidas carbónicas. Non aporta calorías e emprégase en bebidas, refrescos, batidos, cereais de almorzo, produtos de forno, conservas de froitas, doces e produtos farmacéuticos.Tamén se pode utilizar en iogures e como edulcorante de mesa. O ciclamato como tal (ácido ciclámico) é menos soluble en auga que as súas sales, que son as que se utilizan habitualmente.

O ciclamato non ten a consideración universal de aditivo alimentario sen riscos. Téñense publicado traballos indicando que, en animais de experimentación, doses altas desta substancia actúan como carcinóxeno e teratóxeno, o que significa que produce defectos no feto. O seu consumo está contraindicado en nenos e embarazadas.


Tamén se indicaron outros posibles efectos nocivos producidos pola súa inxestión en doses enormes, como la elevación da presión sanguínea ou a produción de atrofia testicular. Os datos acerca do seu posible carcinoxenicidade son conflitivos. O efecto canceríxeno non sería debido ó propio ciclamato, senón a un produto derivado del, a ciclohexilamina, aínda que a súa carcinoxenicidade tampouco está totalmente aclarada. O organismo humano non é capaz de transformar o ciclamato neste derivado, pero si a flora bacteriana presente no intestino. O grao de transformación depende moito dos individuos, variando polo tanto a magnitude do posible risco.

Todos os datos acerca dos efectos negativos do ciclamato obtivéronse a partir de experimentos en animais utilizando doses moitísimo maiores que as inxeridas por un consumidor habitual de bebidas baixas en calorías, polo que a extrapolación non é fácil, e de feito non existe un acordo xeral acerca da seguridade ou non do ciclamato.

Dende a súa prohibición nos Estados Unidos, a principal compañía fabricante presentou ás entidades gobernamentais varias solicitudes para que esta prohibición fora retirada, de acordo cos resultados de múltiples experimentos posteriores a súa prohibición, nos que non se demostraba que fose canceríxeno.

A elección, tendo en conta que a súa presenza se indica na etiqueta, corresponde finalmente ó consumidor. Esta sustancia ten maiores riscos potenciais no caso dos nenos, ós que están destinados moitos produtos que o conteñen, xa que en eles a dose por unidade de peso é maior, ó ser eles máis pequenos. Tamén sería máis cuestionable o seu consumo por mulleres embarazadas. O risco ocasionado polo consumo deste aditivo, caso de existir, é sumamente pequeno, pero existen outros edulcorantes alternativos que parecen ter menores riscos.