Autoidentificación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 16:
Neste sentido o concepto, segundo el, debía plasmarse na normalización lingüística como política transversal e de consenso, no apoio aos medios de comunicación galegos e ao mundo editorial, na recuperación do pasado histórico como antigo Reino (recompilación por parte da Xunta de Galicia en varios tomos das actas da [[Xunta do Reino de Galicia]], nomeamento de [[Emilio González López]] como [[cronista oficial do Reino de Galicia]] o 4 de outubro de [[1991]]...), na divulgación e exaltación da súas forzas creadoras a través da arte e a cultura material (Proxecto [[Galicia no Tempo]], impulsado por [[Daniel Barata Quintas]]), a recuperación e actualización dos camiños e empresas que fixeron de Galicia catalizadora da cultura Europea ([[Ano Santo Xacobeo|Xacobeo]] 93 coordinado por [[Víctor Manuel Vázquez Portomeñe]]) e universal (proxecto [[Santiago e América]] en colaboración co [[Consello da Cultura Galega]]), a rehabilitación do patrimonio cultural para novos usos (rahabilitación do [[mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil]], rehabilitación do [[mosteiro de San Clodio]] impulsadas por [[Aurelio Miras Portugal]]...) a revitalización das relacións con [[Portugal]] a través da creación da [[Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal]]<ref>Manuel Fraga Iribarne. ''Galicia fin de milenio'' [[Editorial Planeta]]. 1997, pax 15 a 170 ISBN 84-08-02206-7</ref>., o afondamento no principio de autonomía a través da proposta de [[Administración Única]] ata os límites constitucionalmente posibles<ref>Xosé Vilas Nogueira, Ramón Máiz Suárez, Francisco Caamaño Domínguez, Xosé Manuel Rivera Otero. ''O Sistema Político de Galicia''. Edicións Xerais, 1994, pax. 336. ISBN 84-7507-777-3</ref> , a protección do territorio a través da creación de parques naturais como o [[Xurés|Parque Natural do Xurés]], o [[Fragas do Eume|Parque Natural das Fragas do Eume]], o [[Dunas de Corrubedo|Parque Natural das Dunas de Corrubedo]], o [[Serra da Enciña da Lastra|Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra]] e a Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural, impulsada por [[Xosé Cuíña]].
 
Este concepto facilitou a integración de efectivos nacionalistas moderados no [[PPdG]]. Así, co gallo da incorporación de [[Centristas de Galicia]] de [[Victorino Núñez]] no congreso extraordinario de 21 de decembro de [[1991]], Fraga declara en setembro dese mesmo ano que con esta operación ''o nacionalismo ben entendido da un gran paso'', e Xosé Cuíña, na asemblea do partido de 24 de abril, afirmaba que ese suposto nacionalismo só se detiña ''na fronteira da autodeterminación''<ref>''[[A Grangran Historiahistoria de Galicia]]''. Tomo XIV. Volume 2. Ed. La Voz de Galicia, pax. 125. ISBN 978-84-96931-32-9</ref>
 
===Outras visións===