José Luis Meilán Gil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 4:
== Traxectoria política ==
=== O Partido Galego Independente ===
Despois de ocupar relevantes cargos na administración durante o réxime de Franco, en agosto de [[1976]] funda o [[Partido Galego Independente]] onde participan profesores da [[Universidade de Santiago de Compostela]] como [[Pablo González Mariñas]] ou [[Perfecto Yebra]] ou empresarios como [[Claudio Sanmartín]]<ref>''[[A Grangran Historiahistoria de Galicia XIV]]'' XIV, volume 1. Ed. ''La Voz de Galicia'', pax. 92. ISBN 978-84-96931-31-2</ref>. Propugna unha transición democrática fronte ao rupturismo impulsado polo [[nacionalismo]] de esquerdas e acadar unha plena autonomía política para Galicia. Competía polo espazo que na provincia da Coruña quería ocupar o partido [[Reforma Democrática]] de [[Manuel Fraga Iribarne]], tamén partidario dunha reforma política cara a consecución dunha democracia de corte occidental e de limitadas autonomías rexionais, e que estaba captando personaxes influentes como [[María Victoria Fernández-España]], da familia propietaria de ''[[La Voz de Galicia]]''.
 
Nas primeiras eleccións, tras a aprobación da Lei de Reforma Política, integrou o seu partido na coalición UCD, auspiciada dende o poder por [[Adolfo Suárez]], ao igual que o fixeron outras forzas de centro galeguistas como os centristas de [[Euloxio Gómez Franqueira]]. Isto contribuiu ao rotundo éxito desa forza nas eleccións do 15 de xuño de 1977: UCD acadaba 20 dos 27 deputados que Galicia tiña no Congreso.