Coalición Progresista Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
desfago homónimos
Liña 6:
Pola súa parte, [[Coalición Galega]], que se consolidara como a terceira forza política de Galicia nas eleccións autonómicas e nas anteriores municipais, acababa de sufrir a escisión do [[Partido Nacionalista Galego]]. Mentres unha anterior escisión, [[Centristas de Galicia]], ía en coalición con AP.
 
Nesta conxuntura, o [[11 de abril]] de [[1987]], [[Fernando García Agudín]], por Coalición Galega, [[Enrique Marfany]], polo PDP e [[José María Pardo Montero]] polo Partido Liberal constituíron na Coruña a Coalición Progresista Galega, cunha mensaxe municipalista, galeguista e de centro <ref>''[[A Grangran Historiahistoria de Galicia]]'' XIV, volume 2. Edicións La Voz de Galicia, 2007, pax. 78.</ref>. Non conseguiron unha boa implantación na provincia de Pontevedra onde se formou [[Independentes de Galicia]], moitos de cuxos notables acabarán integrándose máis tarde en Coalición Galega.
 
==Resultados==
Liña 14:
 
==Evolución==
A Coalición Progresista Galega, aproveitando o baixón de AP na Coruña (de 528 concelleiros da agora esgazada [[Coalición Popular]] a 339), ofertou o seu apoio ao candidato do PSOE, [[Salvador Fernández Moreda]], para obter a [[Deputación da Coruña]]. Pero unha negociación de Enrique Marfany con candidato de AP [[José Manuel Romay Beccaría]], propiciou o acceso ao cargo deste último<ref>''A Grangran Historiahistoria de Galicia''. Opus cit. pax 82</ref>. Reproducíanse as tensións que sufrira Coalición Galega no Parlamento de Galicia.
 
[[José Rivas Fontán]], o máis notable alcalde de [[Independientes de Galicia]] acabou ingresando en Coalición Galega, da man do novo líder de Coalición Galega [[Xosé Luís Barreiro Rivas]]<ref>Xosé de Cora. ''Barreiro contra Barreiro''. Edicións Xerais, Vigo, 1990, pax.276</ref>. Os seus ex-compañeiros, encargáranse de que ámbolos dous tivesen serios problemas coa xustiza.