Literatura en aragonés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 10:
 
A partir do século XVII o aragonés desapareceu como lingua literaria, tan só empregada para a redacción de poesías de carácter popular, a nómina de escritores foi escasísima, Ana Abarca de Bolea, abadesa de Casbas publicou en 1679 tres poemas, ''Albada del Nacimiento'', ''Bayle Pastoril al Nacimiento'' e ''Romance a la Procesión del Corpus'', tamén sobreviviu o aragonés nos ''dances'', representacións dramáticas populares nas cales interveñen bailes.
 
 
== Idade Contemporánea ==
A escasa literatura que se produce en aragonés no século XIX e boa parte do XX é dun carácter marcadamente popular e localista, de carácter diglósico xa que só se escribe sobre determinados temas e exclusivamente na fala local sen intentar chegar a unha norma común. Leandro Gastón, autor dunhas poucas composicións en cheso e Bernardo Larrosa autor do [[sainete]] ''Un concello de aldea'' (1847) son practicamente os dous únicos autores salientables do XIX.