Azucre-alcohol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: == Constitución. == Os '''Azucres-alcohois''' ou '''poliois''' constitúen un tipo de edulcorantes que comparten a característica química de exhibir o grupo funcional [[alcohol...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de xullo de 2007 ás 15:40

Constitución.

Os Azucres-alcohois ou poliois constitúen un tipo de edulcorantes que comparten a característica química de exhibir o grupo funcional alcohol, -OH, repetidamente. Encóntranse en alimentos de maneira natural e obtéñense industrialmente por hidroxenación do amidón ou da sacarosa co que os grupos aldehido ou cetona redúcense a grupo alcohol quedando soamente grupos alcohol na molécula (poliois).


Propiedades e usos.

O seu poder edulcorante es xeralmente inferior ó da sacarosa. Presentan unha calor de disolución negativo maior que o da sacarosa polo que dan sensación de frescor na boca Aínda que o seu poder enerxético coincide coa da sacarosa a súa baixa dixestibilidade fai que o poder calórico real sexa menor. Non provocan caries e modifican pouco os índices de glicosa e de insulina en sangue. Consumidos en grandes cantidades, máis de 30-50 por día segundo tipo, poden acosionar flatulencia e diarrea. Algúns dos azucres-poliois son monosacáridos hidroxenados, outros disacáridos hidroxenados. Tamén se empregan comercialmente mesturas de ambos os dous tipos. Os poliois de monosacáridos máis empregados son o sorbitol o manitol e o xilitol. Entre os de disacáridos o isomaltol, maltitol, lactitol. O xarope de glicosa hidroxenado presenta moléculas de glicosa hidroxenada con distinto grao de polimerización.


Dixestibilidade dos poliois

Os azucres-alcohois son escasamente dixeridos e pouco absorbidos no intestino delgado. A pequena cantidade que pasa ó sangue, excrétase pola ouriña sen modificar ou, no fígado, pode dar lugar a pequenas cantidades de glicosa ou frutosa, polo que apenas modifican o índice de glicemia. A parte non absorbida absorbe auga no intestino delgado e chega ó colon en disolución que pode provocar diarrea. Os poliois fermentados por la flora intestinal do intesdtino groso (colon) dan lugar a gases que ocasionan flatulencia.

Se a inxestión de azucres-alcohois ten lugar en doses pequenas e progresivamente maiores da lugar a unha adaptación da flora intestinal ós mesmos, co que diminúen os problemas causados pola flatulencia e a diarrea, ó tempo que aumenta a absorción dos mesmos e o seu aporte calórico. Este feito é unha das causas de que non atopemos valores fiables para o poder calórico dos mesmos. O uso que se fai de azucres-alcohois en moitos alimentos pode facer que a cantidade total consumida dos mesmos rebase a cantidade tolerada polo organismo.

Dado que as diarreas poden ser moi perigosas nos nenos, xa que o seu pequeno tamaño corporal e constitución fainos moi sensibles á pérdida de líquidos, está contraindicado o seu consumo por nenos, especialmente se son menores de 3 anos. Os trastornos gastrointestinais que poden ocasionar en outras persoas, se son consumidos en exceso, non soen revestir gravidade.