Homo habilis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Sen resumo de edición
Liña 22:
'''''Homo habilis''''' é unha especie do xénero ''[[Homo]]'', que viviu aproximadamente entre hai 2 e 1,5 millóns de anos, no comezo do [[Plistoceno]]. Descubriuno o equipo de [[Louis Leakey|Louis]] e [[Mary Leakey]] o [[4 de novembro]] de [[1960]] (fósil [[OH 7]]) na [[Garganta de Olduvai]], en [[Tanzania]]. O nome suxeriuno [[Raymond Dart]] e finalmente estableceuse en 1964. Ademais de Olduvai atopáronse fósiles en cantidade en [[Koobi Fora]] e en moita menor medida no val do [[río Omo]].
 
Aparentemente,Interprétase que foi a primeira especie do xénero ''Homo'' en aparecer, e é a menos semellante á especie humana actual. Tiña pequena estatura (1,3 m), as pernas curtas e uns brazos desproporcionadamente grandes comparado co ''[[Homo sapiens]]''; o seu cerebro era a metade do do ''Homo'' actual, entre 600 e 700 cm³. Pénsase que descendía dunha das especies de ''[[Australopithecus]]''.
 
O ''Homo habilis'' compartiu a terra con outros bípedes, como o ''[[Paranthropus boisei]]''. Malia iso, o ''H. habilis'', coas súas anovaciónsinnovacións nas ferramentas e a súa dieta menos especializada, tivo éxito ene dardou lugar a novas especies, mentres os ''[[Paranthropus]]'' desapareceron.
 
A grande innovación do ''Homo habilis'' foi a utilización de ferramentas de [[lasca|pedra lascada]], o que lle deu primacía sobre os [[primate]]s. Utilizábanas sobre todo para escarvar, non aínda para cazar como farían os seus descendentes, dedicándose tamén á busca de [[Cinexética|presas]], e hai pouca evidencia que controlasen o lume ou empregasen a [[linguaxe articulada]].