Castelo da Frouxeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4216167 de 31.4.178.83 (conversa)
Isili0n (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4216169 de 31.4.178.83 (conversa)
Liña 2:
 
O '''castelo da Frouxeira''' é unha [[castelo (fortificación)|fortificación]] situada na parroquia de [[Santa Cilla do Valadouro, Foz|Santa Cilla do Valadouro]] (concello de [[Foz]]), no pico da [[A Frouxeira|Frouxeira]], a case cincocentos metros sobre o nivel do mar. Actualmente só se conservan algunhas ruínas do mesmo. Está declarado [[Ben de Interese Cultural]].
 
==Historia==
A fortaleza da Frouxeira pertenceu á [[diocese de Mondoñedo|mitra mindoniense]] e probablemente foi un dos bens que [[Pardo de Cela]] recibiu como dote de voda ao casar con [[Isabel de Castro]], sobriña do bispo [[Enrique de Castro]], e filla do [[conde de Lemos]]. Na Frouxeira, desde principios do [[1481]] e ata case a súa morte, en decembro do [[1483]], Pero Pardo defendeuse bravamente contra as tropas dos [[Reis Católicos]], capitaneadas por [[Luis de Mudarra]] e comandadas por [[Fernando de Acuña]], quen dixo ao ano e medio de estar en Galiza que ''harto tenía que hacer porque tenía cercado a Pedro Pardo en Peña Frouseira''. Sábese ademais, por testemuño de Luis de Mudarra, que morreu moita xente no cerco. A verdade é que A Frouxeira, pola súa situación xeográfica, é practicamente inexpugnable e de aí que as tropas castelás non fosen capaces de conquistala e derrotar a [[Pardo de Cela]], polo que os dirixentes urdiron a trama da traizón e, unha vez traizoada, non deixasen pedra sobre pedra; soamente quedan aqueles restos que nin o tempo nunca será capaz de borrar. Por un romance sábese o nome do traidor, Roi Cofano do Valedouro:
 
{{Cita|<poem>Destes fora Capitán
o Cofano do Valedouro
Que ainda que fora un mouro
Non me deran mais afán.</poem>}}
 
Estes dous feitos, a defensa e a traizón, aniñaron e mancaron no corazón do pobo e deron pé a que poetas, bardos e rapsodos os fosen cantando e recitando por feiras e mercados. Sábese tamén que nada máis ser degolado o Mariscal, escribiuse un "cantar", ou chamado tamén "pranto" da Frouxeira, no que xa se mitifica a punta rochosa debido a esa loita rexa que fixeron nela O Mariscal e os seus criados:
 
{{cita|<poem>A min chaman toda Mira
Liña 8 ⟶ 18:
xago neste Valedouro.</poem>}}
 
Onde a Frouxeira pasa a ser "admirada, estrela clara e señora do gran tesouro" por todos. E acto seguido, o cantar recolle a traizón:
 
{{cita|<poem>De min a triste Frouseyra
Que por treyçon foy vendida
Derribada na ribeyra
Ca jamais se veo vencida.</poem>}}
 
Isto é, xa entón se deron conta os poetas que a pesar de ser destruída e derribada ''"jamais se veo vencida"''; a Frouxeira dende entón pasou a ser un símbolo.
 
[[File:Panorámica pico do frouxeira foz rubengherrera.jpg|800px|thumb|centro|Panorámica dende o Castelo da Frouxeira]]
 
==Galería de Imaxes==