Revolución Rusa de 1917: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 240:
 
=== Primeiros combates da guerra civil (outono de 1917) ===
{{Artigo principal|Guerra Civilcivil Rusarusa}}
Se a revolución foi un éxito en Petrogrado, a tentativa de tomar [[Moscova]] do [[28 de outubro]] ao [[2 de novembro]] atopouse cunha violenta resistencia. Os bolxeviques ocuparon o [[Kremlin de Moscova|Kremlin]], pero os dirixentes locais do seu partido dubidaron e asinaron unha tregua coa autoridade socialrevolucionaria da cidade antes de evacuar o edificio. As tropas gobernamentais aproveitaron a oportunidade de ametrallar aos trescentos membros da [[Garda Vermella]] e obreiros desarmados que abandonaban o edificio, seguindo ordes do alcalde socialrevolucionario Rúdnev.<ref>[[Jean-Jacques Marie]], ''La Guerre civile russe'', 1917-1922, p. 19.</ref> Fixo falta unha semana de combates encarnizados antes de que os bolxeviques, conducidos polo mozo [[Nikolai Bukharin]], finalmente apoderásense do Kremlin e tomasen o control da cidade. Os seus opositores, socialrevolucionarios e monárquicos, dirixiron unha represión sanguenta.